Louzán logra aprazar a súa declaración en Cambados por suborno por "cuestións personais"

O Salnés
22 de febreiro 2016

Haberá que esperar para volver ver a Rafael Louzán nos xulgados. O ex presidente da Deputación de Pontevedra tiña previsto prestar declaración en calidade de investigado nos xulgados de Cambados, por un presunto delito de suborno. Pero finalmente, aprazouse

Xulgado de Cambados
Xulgado de Cambados / Mónica Patxot

Haberá que esperar para volver ver a Rafael Louzán nos xulgados. O ex presidente da Deputación de Pontevedra tiña previsto prestar declaración en calidade de investigado nos xulgados de Cambados, por un presunto delito de suborno. Pero finalmente, aprazouse.

Foi o propio Louzán o que presentou un escrito este mediodía solicitando ao Xulgado de Instrución número 2 de Cambados suspender esta declaración por cuestións persoais.

Segundo informaron fontes xudiciais, o tribunal accedeu a este adiamento, ao entender que existían razóns obxectivas para iso.

Por agora, non se fixou unha nova data para esta declaración.

O ex presidente do PP de Pontevedra está a ser investigado polo caso aberto en relación coa compra e posterior aluguer con sobrecusto de tres baixos comerciais da súa propiedade na zona de Navia, en Vigo.