A conmemoración en Pontevedra do Día Mundial Contra o Cancro de Mama tivo como broche de ouro, ou máis ben de rosa, a iluminación de varios edificios públicos da cidade.
Un deles é a antiga casa do concello da Praza de España que, como cada ano, tinguiuse de rosa con motivo desta efeméride.
O encendido da iluminación estivo presidida polo tenente de alcalde, Tino Fernández, que estivo acompañado de edís da corporación e de membros da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico de Pontevedra (Adicam).
Desde este colectivo lembraron que a covid-19 "non pode silenciar" outras patoloxías que, a pesar da pandemia, "seguen reais na poboación".
O Pazo Provincial da Deputación tamén se iluminou de rosa para visibilizar esta doenza e concienciar á sociedade da importancia da investigación, de lograr un diagnóstico precoz e de mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas.
As autoridades sanitarias apuntan que unha de cada oito mulleres terá cancro de mama ao longo de vida. Entre 2012 e 2019, a incidencia desta enfermidade aumentou un 7,5%. Cada ano diagnostícanse cada ano máis de 33.000 novos casos.