Luís López configura o seu "núcleo duro" nomeando dous vicepresidentes

Pontevedra
07 de xullo 2023

O presidente Luis López ven de asinar a Resolución Presidencial pola que Rafa Domínguez e Marta Fernández-Tapias pasan a ocupar as vicepresidencias da institución. Falta perfilar as áreas que dirixirán os deputados

Rafa Domínguez, Luis López e Marta Fernández Tapias
Rafa Domínguez, Luis López e Marta Fernández Tapias / Deputación de Pontevedra

Xa son oficiais os nomeamentos de Rafa Domínguez e Marta Fernández-Tapias como vicepresidentes da Deputación de Pontevedra. 

O presidente provincial Luis López ven de asinar a Resolución Presidencial pola que ámbolos dous deputados provinciais pasan a ocupar as vicepresidencias da institución. A falta de perfilar as áreas que dirixirán os deputados, con este nomeamento o presidente configura o "núcleo duro" do goberno da institución provincial.

Aínda que Pontevedra e Vigo terán aos vicepresidentes como grandes valedores, Luis López insistiu na mensaxe do seu discurso de toma de posesión como presidente. "Teño a intención de gobernar esta institución atendendo aos 61 concellos da provincia, sen importar o signo do seu goberno político e centrándonos no benestar da cidadanía". 

Deste xeito o presidente provincial asegura contar cun equipo de goberno "con xente con liderado, capacidade de traballo, coñecemento político e proximidade social" integrado por Jorge Cubela, María Ramallo, Alejandro Lorenzo, Roberto Carrero, Nava Castro, José López, Jesús Vázquez Almuíña, Isabel Couselo, Javier Tourís, Marcos Guisasola e Sandra Bastos. 

Todas e todos eles, afirma Lugués, serán os encargados de "coidar máis" aos concellos, "a alma desta institución" e cara aos que "dirixiremos toda a nosa acción de goberno".