Macrofoliada para reclamar "os mesmos dereitos que calquera outro falante de calquera outra lingua"

Pontevedra
17 de maio 2025
Actualizado: 18:15

Máis de 45.000 persoas apoiaron a manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela en defensa da vitalidade da lingua galega. "Este 17 de maio é histórico e é decisivo", sinalaron

Manifestación de Queremos Galego polas Letras Galegas 2025
Manifestación de Queremos Galego polas Letras Galegas 2025 / Eva Fernández Prieto / Queremos Galego

Unha foliada multitudinaria con máis de 45.000 participantes pechou este sábado a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego polas rúas de Santiago de Compostela en defensa da lingua galega. 

Baixo o lema ‘Lingua Vital Xa!’, a cita rematou na Praza do Obradoiro con esta macrofoliada e unha mensaxe reivindicativa na defensa da vitalidade da lingua galega.

"Aquí nos teñen, orgullosos da nosa lingua milenaria, berrándolles que queremos ter os mesmos dereitos que calquera outro falante de calquera outra lingua", sinalou a coordinadora de Queremos Galego, Celia Armas, dende o palco da praza do Obradoiro.

Armas lembrouse das cantareiras, homenaxeadas este 17 de maio, e destacou que "recolleron a nosa historia, a nosa tradición, a nosa idiosincrasia nun repertorio que nos legaron a través dun percorrido de séculos e fixérono na lingua que o orixinou", a lingua propia de Galicia.

"Este 17 de maio é histórico e é decisivo", sinalou o voceiro da plataforma, Marcos Maceira, convencido de que "os nosos netos e as nosas netas poderán dicir con orgullo que viven en galego porque os seus pais e nais, avós e avoas defenderon o idioma que é seu e fixeron todo o posíbel e o imposíbel para restituílo e derrotar os programas de destrución".

Maceira insistiu en que "tentaron desactivarnos en novembro fronte ao multitudinario plenario de Queremos Galego, en febreiro perante a manifestación masiva nestas rúas" e, a pesar de todo, "non conseguiron desmobilizar a sociedade galega".

Ante unha praza repleta, defendeu: "Aquí está a forza do pobo galego, hoxe, máis que nunca, disposto a impulsar e concretar a alternativa dun novo rumbo para o galego: o proceso Lingua Vital aberto, participativo e plural".

A mobilización e a toma da iniciativa pola lingua pola sociedade galega é, para Queremos Galego, o único que pode facer mudar o rumbo do idioma e reverter a emerxencia lingüística. "Se a Xunta renega de Galiza e non quere asumir a súa responsabilidade farémolo nós", sentenciou.

Houbo unha clara mensaxe política, reclamando ao PP que se sume, "cumpra o seu deber e abandone a belixerancia contra Galiza e o galego".

APOIO DE BNG E PSdeG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, encabezou a delegación nacionalista na cita revindicativa e pediulle ao Goberno da Xunta de Galicia de Alfonso Rueda que "deixe de traballar en contra da lingua e se poña a favor da maioría, da lingua propia de Galiza”.

A líder nacionalista subliñou a necesidade de poñer en marcha "unha nova etapa" na que se "apliquen os consensos" que xa existen en Galicia sobre o galego e considerou evidente a urxencia de modificar "de inmediato" o "decreto da vergoña", o denominado decreto de plurilingüismo, que está provocando, advertiu, que "a xeración educada baixo o mesmo sexa a xeración que menos galego fala da historia".

Tamén o PSdeG apoio a mobilización. Mentres o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, participou en Malpica no pleno extraordinario da Real Academia Galega, en Santiago, a secretaria de Organización, Lara Méndez, participou con numerosos cargos do partido nesta manifestación. 

Os socialistas reclamaron este sábado á Xunta e ao PP "vontade política" para defender o galego nun momento no que o idioma "pasa unha mala situación".