Máis de 400 escolares descobren na ONCE como é a vida con cegueira

Pontevedra
06 de marzo 2026

A través de catro talleres, o alumnado aprendeu unha serie de técnicas para poder guiar as persoas cegas, coñeceu o material didáctico adaptado e o sistema braille

Xornada de portas abertas no Centro de Recursos Educativos do ONCE

Máis de 400 escolares asistiron ao longo desta semana ás xornadas de portas abertas que realiza todos os anos o Centro de Recursos Educativos do ONCE en Pontevedra.

Durante a visita, o alumnado participou en varios talleres e actividades onde puideron coñecer o funcionamento de materiais e equipos adaptados para que as persoas cegas poidan coñecer a contorna.

Xornada de portas abertas no Centro de Recursos Educativos do ONCECristina Saiz

Comprobaron como é o material didáctico utilizado polos cegos ou como funcionan os ordenadores manexados mediante sínteses de voz.

Xornada de portas abertas no Centro de Recursos Educativos do ONCECristina Saiz

O alumnado coñeceu de primeira man o sistema de lectoescritura utilizado polas persoas cegas e como lles abriu unha infinidade de posibilidades de acceder á cultura, a información, a educación ou o lecer.

Neste taller, escribiron os seus nomes en braille con máquinas de Perkings e coñeceron o uso deste sistema.

Xornada de portas abertas no Centro de Recursos Educativos do ONCECristina Saiz

Os profesionais do centro tamén explicaron aos nenos a nenas unha serie de técnicas para poder interactuar e guiar as persoas cegas.

Un grupo con anteface percorreu corredores e subiu e baixou as escaleiras póndose na pel de persoas cegas, mentres outros actuaban como acompañantes e guías.

Xornada de portas abertas no Centro de Recursos Educativos do ONCECristina Saiz