O Concello de Caldas de Reis acaba de recibir unha subvención de máis de 6.200 euros destinada á organización e dixitalización dos fondos do seu arquivo municipal.
O proxecto caldense obtivo a segunda mellor puntuación entre todos os municipios galegos que se presentaron á convocatoria da Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos.
Segundo explicou o tenente de alcalde Manuel Fariña, esta axuda permitirá xestionar os expedientes relativos a licencias de obras a particulares (2012-2017) e os documentos do rexistro (2012-2016) que aínda non foron sometidos a tratamento documental.
Actualmente, esta documentación atópase almacenada en caixas e carpetas sen criterios arquivísticos axeitados, o que dificulta a súa localización e consulta.
O traballo incluirá varias fases: primeiro, realizarase un tratamento físico dos expedientes, eliminando materiais corrosivos e substituíndo os actuais sistemas de almacenamento por caixas normalizadas.
A continuación, procederase á identificación e análise documental, para finalmente clasificar e informatizar toda a información, permitiendo organizar 500 unidades documentales para su consulta.
"Unha correcta organización dos nosos fondos permite localizar rapidamente documentos necesarios para trámites, decisións ou consultas, o que reduce tempos de resposta e mellora o servizo diario ás nosas veciñas e veciños", destacou Fariña, quen tamén subliñou a importancia do arquivo como "memoria institucional" do municipio.
Desde o goberno local sinalan que este proxecto permitirá tamén optimizar o espazo nas instalacións municipais e garantir o acceso da cidadanía aos documentos mediante unha custodia responsable e un sistema de consulta áxil.