Este xoves 12 de xuño, as Galerías da Oliva en Pontevedra convertéronse nun colorido punto de encontro para as e os afeccionados ao ganchillo e a calceta.
Desde as 17.00 até as 20.00 horas, 101 persoas participaron na décima edición do Encontro Tecer en Público, unha cita xa consolidada no calendario local.
Durante tres horas, a arte de tecer foi o protagonista dunha xornada na que destacou a diversidade de idades.
Entre as participantes, estivo Teresa Tobío, unha veterana tecedora de 99 anos, que compartiu espazo con outras mulleres acompañadas polos seus bebés, nun contraste de idades.
A actividade, ademais de fomentar a convivencia e a creatividade, foi descrita por moitas asistentes como unha forma de relaxación.
Como recoñecemento á súa participación, a organización, a cargo de Lanas Teresa Tobío, obsequiou a cada persoa cun caderno, unha cunca, auga e nobelos de la.
As organizadoras sinalan que este evento permite potenciar unha comunidade de persoas afeccionadas a esta actividade de elaborar pezas de maneira manual.

101 persoas participaron nesta edición

As Galerías da Oliva acolleron este encontro de tecedoras

As participantes teceron durante tres horas

Encontro Tecer en público 2025

Participantes en Tecer en público 2025

Persoas tecendo nas Galerías da Oliva

Teresa Tobío, á esquerda, é a máis veterana con 99 anos

Unha das mesas do encontro de tecedoras

101 persoas participaron nesta edición

As Galerías da Oliva acolleron este encontro de tecedoras

As participantes teceron durante tres horas

Encontro Tecer en público 2025

Participantes en Tecer en público 2025

Persoas tecendo nas Galerías da Oliva

Teresa Tobío, á esquerda, é a máis veterana con 99 anos

Unha das mesas do encontro de tecedoras