Máis de 400 persoas xa se inscribiron para a marcha solidaria 'Pontevedrada' do 26 de abril

Pontevedra
11 de abril 2014

A 'Pontevedrada' é unha camiñada solidaria nocturna que se realiza polo Camiño de Santiago portugués dende a Praza da Ferrería ata o Obradoiro en Santiago. Pretende concienciar a poboación da grande importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos

Presentación no Concello de Pontevedrada
Presentación no Concello de Pontevedrada / PontevedraViva
Pontevedrada nocturna para solidarizarse coas persoas pendentes de doazóns /

A marcha 'Pontevedrada 2014' conta xa con 415 participantes para realizar unha camiñada que partirá o sábado 26 de abril a partir das 20.00 horas dende a Praza da Ferrería ata a Praza do Obradoiro en Santiago. Se trata dun percorrido de 63 quilómetros que ten como obxectivo concienciar á poboación da grande importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.

Este mediodía, dous dos responsables desa plataforma, Raúl Álvarez e Miguel Martínez, presentaron a edición deste ano, a cuarta xa, no Concello acompañados polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

Os promotores sinalaron que, cada ano, aumenta o número de participantes e que a inscrición estará aberta ata antes de iniciar a camiñada. Recordan que non é obrigatorio finalizar o percorrido xa que participan varios vehiculos para asistir aos participantes durante toda a ruta. Ademais, ao longo do percorrido efectúanse paradas voluntarias de descanso e de refrixerio en Barro, Caldas de Reis, Valga e Padrón.

No 2013, segundo sinalou Miguel Martínez, os primeiros camiñantes chegaron a Santiago sobre as 7:30 da mañá do domingo e máis da metade lograron chegar ata a Praza do Obradoiro. Un grupo de osteópatas axudan durante o percorrido.

Aconséllase levar chaleco reflectante, lanterna, teléfono móbil, bebida e alimentos lixeiros, ademais de roupa de abrigo e calzado de reposto. Os participantes terán que facer o camiño de retorno por conta propia.

Con esta 'Pontevedrada' inténtase sensibilizar da necesidade de que aumente o número de doazóns tanto de órganos como de sangue.

Os interesados poden inscribirse en [email protected] ou nos teléfonos 619.56.63.06 ou no 639.61.53.56