Máis de 600 persoas, identificadas en Galicia pola Policía Autonómica nos controis anti-covid durante a fin de semana

Pontevedra
19 de outubro 2020

Estes dispositivos enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19. Na provincia de Pontevedra establecéronse 30 dispositivos por parte da forza policial autonómica con 4 persoas identificadas

Dispositivo de control de medidas covid-19 da Policía Autonómica
Dispositivo de control de medidas covid-19 da Policía Autonómica / Policía Autonómica

Durante esta fin de semana, axentes da Policía Autonómica de Galicia desenvolveron 30 dispositivos na provincia dentro do marco das actuacións establecidas para previr, inspeccionar e controlar o cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias co obxectivo de evitar a propagación da enfermidade covid-19.

Os axentes realizaron nove inspecciones en sete municipios da provincia durante entre o 16 e o 18 de outubro nos que levaron a cabo catro identificacións. Os concellos nos que se estableceron estes dispositivos foron Pontevedra, Vigo, Marín, Moaña, Redondela, Sanxenxo e Poio.

Controláronse tanto establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos para comprobar que se cumprían os protocolos establecidos, como o uso da máscara, o cumprimento das distancias de seguridade, ademais de regulación do número de asistentes aos diferentes actos e o horario de peche dos locais e a prevención de botellóns.

No conxunto de Galicia, os axentes da Policía Autonómica actuaron nun total de 23 concellos, nos que se rexistraron 97 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas na comunidade.

Estas intervencións enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.