Os montes de Romai, no Concello de Portas, foron o escenario dunha gran reforestación grazas á iniciativa do festival PortAmérica Una entrada, Un árbol.
A actividade comezou o sábado 18 de marzo e finalizou entre o luns 21 e o martes 22, cun total de 1.050 árbores plantadas.
Segundo explican desde o festival, a superficie plantada abarca un total dunhas tres hectáreas, logrando compensar ata 29,6 toneladas de CO2.
Todo iso foi posible grazas á colaboración da Escola de Capataces Forestais de Lourizán e os axentes forestais do Distrito XIX.
A actividade comezou ás 10:00 horas, e as especies plantadas foron carballos, abeleiras, castiñeiros, cerdeiras, bidueiros, arce branco, freixos, madroños, nogueiras e sobreiras.
Ademais, o Centro de Día de Portas tamén colaborou con esta iniciativa plantando unha abeleira, un castiñeiro e unha nogueira no seu xardín.
Doutra banda, o evento contou coa participación dunhas vinte familias voluntarias da Escola Infantíl de Portas, A Galiña Azul, que levaron aos máis pequenos a colaborar nestas xornadas.