35 chefs, que suman 14 Estrellas Michelín, figuran no cartel do ShowRocking do PortAmérica

Umia
11 de maio 2023

Martina Puigvert Puigdevall, Diego Guerrero, Francisco Ruano e Luciana Berry, entre outros, incorpóranse á lista de representantes gastronómicos que formarán parte desta edición que se vai desenvolver na Azucreira de Portas os días 13, 14 e 15 de xullo

Pepe Solla no Festival PortAmérica
Pepe Solla no Festival PortAmérica / Mónica Patxot

O evento gastronómico ShowRocking converterase, un ano máis, noutro dos principais alicientes do festival PortAmérica, que desenvolverá a súa undécima edición na Azucreira de Portas durante os días 13, 14 e 15 de xullo.

Martina Puigvert Puigdevall, Diego Guerrero, Francisco Ruano e Luciana Berry, entre outros chefs, súmanse á lista de personalidades expertas na creación culinaria que estarán presentes nesta iniciativa. 

A organización xa pechou o cartel gastronómico coa confirmación de 35 chefs que, en total, suman 14 Estrelas Michelín. 

Entre as últimas confirmacións figura Martina Puigvert Puigdevall, xefa de cociña en Lles Cols, que xa se converteu nun referente a pesar da súa mocidade con dúas Estrelas Michelín e unha Estrela Verde; Francisco Ruano (Alcalde), un chef da gran estética da cociña moderna mexicana cun carácter rebelde e perfeccionista; Diego Guerrero (Dspeak) regresará a PortAmérica cunha proposta baseada no produto local e de tempada; Iván Domínguez (Nado) caracterízase pola sinxeleza na preparación e define a súa cociña como Atlántica; e Luciana Berry, chef gañadora do Top chef Brazil 2020 e directora dun exitosos cátering en Londres.

Tamén destacan Lara Roguez (Abarike), que á fronte do seu restaurante en Xixón converteuse nunha defensora do produto do mar; Álvaro Fuentes (Mexoleira Praia); Anxo Trives (Hostal A Viuda); María Cambeiro e Alberto Cruz (Landua), procedentes de Mazaricos; e Pablo Lens, de Santiago de Compostela. 

Os 35 chefs estarán comisionados por Pepe Solla, como vén sucedendo desde a primeira edición. O ShowRocking de PortAmérica é Premio Fest 2015, 2017, 2018 e 2022 á mellor zona gastronómica.

As entradas para esta edición xa están dispoñibles a través da páxina web de PortAmérica.