Máis puntos de luz e renovación total da iluminación no lugar de Castro

Marín
13 de marzo 2021

Esta obra suporá unha mellora da eficiencia enerxética de toda a instalación, substituíndo as fontes de luz actuais por luminarias de tecnoloxía LED

Lugar de Castro, en Marín
Lugar de Castro, en Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín avanza que se acometerá a renovación total da iluminación no Lugar de Castro.

Trátase de "unha moi bo actuación", asegura o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, sobre un proxecto que supón incrementar os puntos de luz.

Esta obra supoñerá unha mellora da eficiencia enerxética de toda a instalación, substituíndo as fontes de luz actuais por luminarias de tecnoloxía LED. Tamén se renovarán todos os brazos metálicos xa existentes, e que se atopan nun avanzado estado de deterioración, e o cableado.

A licitación dos traballos, financiados a través do Plan Concellos da Deputación, está en marcha coa previsión de adxudicar a obra nos próximos días, confirma o goberno local. 

O prazo de execución previsto é de 45 días.