Malestar entre o tecido empresarial pola "pérdida de peso" de Pontevedra na nova Cámara de Comercio fusionada

Pontevedra
19 de xaneiro 2016

A nova Cámara prevé conservar todas as oficinas actuais, pero a súa sede será en Vigo, un foco de malestar para o tecido empresarial, que ve como o eixo da nova entidade afástase da capital. Pero a preocupación é maior ao analizar o decreto polo que se crea a nova Cámara unificada e o que detala da forma en que se organizará: Vigo terá maioría de representantes

Firma do acordo de fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
Firma do acordo de fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía / Xunta de Galicia

A  Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía deu un novo paso para facerse realidade, a publicación no Diario Oficial de Galicia deste luns. A noticia é un trámite máis no proceso de fusión entre as tres cámaras territoriais actuais, pero serviu para sacar á luz un malestar xeneralizado entre o tecido empresarial de Pontevedra e as comarcas máis próximas, todas as que dependen actualmente da Cámara de Pontevedra. Expresan que o novo panorama que se debuxa supón unha "pérdida de peso" da capital en si mesma e fronte a Vigo. 

A nova Cámara prevé conservar todas as oficinas actuais, pero a súa sede será en Vigo, un foco de malestar para o tecido empresarial, que ve como o eixo da nova entidade afástase da capital. Pero a preocupación é maior ao analizar o decreto polo que se crea a nova Cámara unificada e o que detala da forma en que se organizará: Vigo terá maioría de representantes. 

Así, o decreto establece que a nova entidade terá 60 represenantes, dos que 32 serán da actual Cámara de Vigo e tan só 17 de Pontevedra e 11 de Vilagarcía, o que significa que "Pontevedra pierde fuerza en cualquier decisión". Ademais, engaden que os votos de Vigo sempre serán máis que os de Pontevedra e Vilagarcía xuntos, de modo que poderá adoptar todas as decisións sen ter en conta ao resto da provincia. Ademais, terán un único secretario, de modo que a secretaria pontevedresa, Rosario Lorenzo, cuxa xestión está en entredito nos tribunais, deixará esta responsabilidade.

Tras coñecer esta circunstancia, empresarios de distintos sectores de actividade concluíron que, no proceso de negociacións, "nos han vendido. Mal vendido" e botan a culpa ao presidente da Cámara de Pontevedra, Eduardo Barros. 

A Barros tamén lle reprochan que leva meses mentindo en relación coa fusión das cámaras, pois no seu día dixo que o Pleno de Pontevedra aprobara por maioría a fusión, pero o decreto recentemente publicado revela que non ocorreu así, non houbo maioría, requisito fundamental para a fusión. Como consecuencia desa situación, as cámaras de Vigo e Vilagarcía fusionáronse, pero a de Pontevedra integrouse nesa nova cámara

Desde o sector empresarial mostran tamén a súa sorpresa polo contido do decreto en tanto que relata que a nova entidade "resultará claramente beneficiosa para os intereses xerais, en atención as indubidables vantaxes económicas, sociais e funcionais que comporta tal operación". Pregúntanse "qué intereses económicos",", pois, entre outras cuestións, ""ni siquiera sabemos cuál es la situación financiera de las tres cámaras por separado como para ver viable" a entidade integrada. No caso de Pontevedra, lembran que leva tres anos sen aprobar o orzamento anual por falta de quórum, de modo que "nin sequera sabemos cales son as contas reais". 

Un grupo de empresarios xa mostrou o seu malestar con outros aspectos do funcionamento da Cámara de Pontevedra e presentou un recurso contencioso contra a Xunta por non intervir a entidade ante as irregularidades detectadas polo Consello de Contas no seu informe sobre a situación das cámaras e polas distintas causas xudiciais abertas contra a entidade. Agora estudian recorrer tamén o decreto de integración das tres institucións