Manifestación veciñal para esixir a mellora do servizo no centro de saúde de Baltar

Sanxenxo
15 de abril 2017

A Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo e a Federación ANPAS O Con convocaron este Venres Santo unha manifestación de protesta entre Sanxenxo e Portonovo que tivo que transcorrer polas beirarrúas ao non permitir a Sebdelegación do Goberno o corte da circulación

Manifestación pola mellora do servizo no Centro de Saúde de Baltar
Manifestación pola mellora do servizo no Centro de Saúde de Baltar

A situación do servizo no Centro de Saúde de Baltar, en especial do Punto de Atención Continuada (PAC) provocou este Venres Santo unha manifestación de veciños entre Sanxenxo e Portonovo.

Ante a falta de autorización por parte da Subdelegación do Goberno para cortar a circulación a manifestación tivo que se realizase polas beirarrúas, desde o Paseo de Silgar ata o propio centro sanitario en Baltar.

A marcha foi convocada pola Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo e a Federación ANPAS O Con.

Entre as reivindicacións que os veciños realizan ao Sergas atópanse o recuperar unha ambulacia medicalizada 24 horas con sede no PAC de Baltar, que se cubran as vacantes do persoal de baixa ou que se xubile, especialmente no caso do servizo de pediatría, mellorar e ampliar o horario de asistencia cun pediatra en horario de tarde e aumentar a dotación de persoal nas tempadas de máxima afluencia turística.