Manter unha distancia segura do lume, evitar xogos con pirotecnia e vixiar os nenos, regras básicas para a Noite de San Xoán

Pontevedra
20 de xuño 2025

As queimaduras, a inhalación de fume e os accidentes con pirotecnia son as urxencias maìs comúns na noite máis longa do ano

O doutor Alejandro Regueiro Domiìnguez
O doutor Alejandro Regueiro Domiìnguez / QuirónSalud

As celebracións arredor da Noite de San Xoán, marcadas polo lume e a tradición, poden supoñer un risco para a saúde se non se toman as precaucións axeitadas.

Desde o Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, o doutor Alejandro Regueiro Domínguez, especialista en Medicina Interno, insiste na importancia de celebrar con precaución para evitar incidentes relacionados co lume.

"Durante este tipo de celebracións nas que o lume está tan presente, as queimaduras máis comúns que atendemos son as de primeiro e segundo grao que son causadas polo contacto directo coas lapas, as faíscas ou mesmo as brasas", sinala o doutor Regueiro. A isto súmanse as queimaduras por pirotecnia e mesmo problemas respiratorios derivados da inhalación de fume, sobre todo cando as persoas se achegan en exceso ás fogueiras.

A clave para evitar accidentes está en "manter unha distancia segura, evitar o uso de líquidos inflamables para avivar o lume e supervisar en todo momento aos menores". Se temos a intención de realizar o tradicional salto sobre a fogueira, "debe facerse con precaución, evitando roupa sintética que poida arder ou derretirse, asegurándose de que o lume está controlado e de que hai espazo suficiente para evitar tropezos", remarca Regueiro.

Ademais, advirte sobre o perigo de arroxar ao lume obxectos como plásticos, aerosois, pilas, latas pechas ou elementos con pinturas ou químicos, que poden liberar gases tóxicos ou xerar explosións producindo queimaduras graves e intoxicacións.

Como actuar ante unha queimadura

En caso de queimaduras leves, o doutor Regueiro recomenda arrefriar a zona con auga fresca (nunca xeada) durante polo menos 10 minutos, sen aplicar xeo nin pomadas caseiras. Logo cubrir a queimadura cun pano limpo e evitar rebentar as bochas. "Requeririìa atención médica urxente se é profunda, afecta á cara ou aos xenitais, se abarca unha gran superficie do corpo, presenta bochas extensas ou se hai dificultade para respirar tras a exposicioìn ao fume", engade.

Desde a súa experiencia, o especialista do Hospital Quirónsalud Miguel Domiìnguez resume as medidas cunha mensaxe clara: "Gozar con precaución". E reitera os tres principios básicos para unha noite segura: manter sempre unha distancia prudente do lume, evitar o uso de pirotecnia de forma recreativa e non deixar nunca os nenos sen supervisión.

"A prevención é a clave para que a Noite de San Xoán non termine nunha sala de Urxencias", conclúe o doutor Regueiro.