O arquitecto técnico Manuel Rañó Rodríguez renova como presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra (Coatpo), cargo que ocupará outros catro anos.
O mandato da Xunta de Goberno á fronte do Coatpo expirará en 2029.
O presidente dos 'aparelladores' de Pontevedra seguirá apostando por "a colaboración público-privada para impulsar solucións eficaces ante a escaseza de vivenda na provincia de Pontevedra".
Tamén "solicita ás Administracións locais que recorten os prazos para tratar de mellorar a eficiencia na tramitación de novas licenzas".
A Xunta Electoral do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica a mediados de maio de 2025 acordou a proclamación dos candidatos a cargos directivos do Coatpo, que lidera como presidente Manuel Rañó Rodríguez.
A Xunta de Goberno do Coatpo, en consecuencia, non rexistrará cambios. Ricardo Sobral seguirá exercendo como delegado en Pontevedra, e Antonio Arias, en Vigo. Paula Vázquez Prieto exercerá como secretaria; e Xiana Alonso, como tesoureira. As vogalías estarán representadas por Pablo Freiría, José Manuel Iglesias e Alba Aguete.
Segundo explican, entre os retos que se propón a nova Xunta de Goberno do Coatpo para o próximos catro anos atópanse: "que as persoas colexiadas se sigan sentindo comprometidas, seguras e orgullosas de pertencer a este colectivo profesional".
Manuel Rañó apunta que seguirá exercendo como a voz da arquitectura técnica en Pontevedra. E ponse a disposición de todos os Concellos da provincia e da Deputación "para seguir avanzando en materia de construción e vivenda".
Rañó expresou o seu apoio aos esforzos que se están realizando para impulsar o parque de vivenda pública ou de iniciativa privada tanto en réxime de aluguer como en venda. "Para avanzar é imprescindible un marco estable de colaboración entre Administracións e sector privado", afirma.
O presidente do Coatpo tamén expón que "as Administracións locais aposten de forma decidida por acurtar prazos para mellorar a eficiencia na tramitación de licenzas".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.