Manuel Santos seguirá a ser o tenente de alcalde en Marín

Marín
19 de xuño 2023

A alcaldesa de Marín, María Ramallo deu coñecer este luns o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, conformada por Manuel Santos, Marian Sanmartín, Pablo Novas, Antonio Traba, Cristina Acuña, Francisco José Estévez e Beatriz Rodríguez

Manuel Santos, concelleiro de Facenda en Marín
Manuel Santos, concelleiro de Facenda en Marín / Concello de Marín

A alcaldesa de Marín, María Ramallo deu coñecer este luns o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, conformada por Manuel Santos, Marian Sanmartín, Pablo Novas, Antonio Traba, Cristina Acuña, Francisco José Estévez e Beatriz Rodríguez. 

Non hai cambios con respecto aos concelleiros que tiñan esta responsabilidade na corporación anterior.

Ademáis, Manuel Santos será o tenente de alcalde, cargo que xa viña exercendo nos anteriores mandatos.

A primeira reunión da Xunta de goberno local terá lugar este mércoees a primera hora da tarde. 

En Marín o Partido Popular ten a mayoría absoluta con 12 concelleiros fronte os cinco ediles do PSOE e os catro do BNG.