Marcando a pauta a Sanxenxo para converterse en destino turístico intelixente

Sanxenxo
28 de febreiro 2017

Ser un destino turístico intelixente supón traballar en catro eixos estratéxicos complementarios: innovación, tecnoloxía, accesibilidade universidade e sustentabilidade

Presentación do testeo de Segittur
Presentación do testeo de Segittur / Concello de Sanxenxo

As instalacións do Obradoiro de Hostalería acolleron este martes a presentación das conclusións do testeo realizado por Segittur ao sector turístico de Sanxenxo para a conversión desta localidade en Destino Turístico Intelixente.

O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, acompañou á directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro e ao director-xerente de Segittur, Luís Javier Gadea Lucas, nunha presentación orientada aos empresarios hostaleiros do municipio e á que tamén acudiron representantes da oposición.

Sanxenxo é o único destino galego elixido por Segittur para auditar a situación do sector, xunto con Benidorm, Valle de Arán e Jaca no resto de España e o testeo realizado permite coñecer cales son as liñas de traballo para garantir que o municipio continúe sendo un destino preferente dentro do mercado estatal.

Ser un destino turístico intelixente supón traballar en catro eixos estratéxicos complementarios: innovación, tecnoloxía, accesibilidade universidade e sustentabilidade.

VISITA DE VALENCIA

Por outra banda, representantes do Consorcio de la Ribera, entidade que engloba as mancomunidades da Ribera Baja e a Ribera Alta da provincia de Valencia, desprazáronse ao Salnés para coñecer o funcionamento da Escola de Hostalería situada en Sanxenxo, unha iniciativa que queren exportar e aplicar na súa zona.