Marea comprométese a facer unha Pontevedra máis inclusiva

Pontevedra
12 de abril 2019

Entre outras iniciativas inclúen a promesa de mellorar en materia de accesibilidade "en xeral", tamén a incluír a linguaxe de signos como mérito nos concursos-oposicións e a promocionar o deporte inclusivo e adaptado

Reunión entre Marea Pontevedra e Amizade
Reunión entre Marea Pontevedra e Amizade / Marea Pontevedra

A candidatura de Marea Pontevedra ás próximas eleccións municipais comprometeuse "a levar adiante desde o goberno do Concello" unha serie de medidas para facer unha cidade máis inclusiva.

Entre outras iniciativas inclúen a promesa de mellorar en materia de accesibilidade "en xeral", tamén a incluír a linguaxe de signos como mérito nos concursos-oposicións e a promocionar o deporte inclusivo e adaptado.

Marea Pontevedra engade neste compromiso a inclusión de claúsulas sociais da contratación pública a persoas con discapacidade e unha "maior vixilancia nas obras" para que cumpran as medidas de accesibilidade necesarias.

As candidatas desta formación política, Herminia Dios e César Maquieira, mantiveron un encontro co presidente de Amizade, Paulo Fontán, "para afondar nas necesidades dun dos sectores máis esquecidos da nosa Pontevedra".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en