Rumbo ao 26M

Cans nas instalacións do Refuxio de animais de Campañó (Pontevedra)

O PSOE propón reconverter o antigo vertedoiro do Rapadiño nun refuxio animal

08/05/2019
Pontevedra

Crear un refuxio animal municipal con espazos diferenciados para a acollida de cans, gatos e outras especies. É unha das principais propostas que, en materia de protección animal, inclúe o PSOE nos seus compromisos de cara ás eleccións municipais. Con este proxecto recuperaríase a proposta elaborada polos socialistas no ano 2009,...

PontevedraViva
Desfibrilador disponible na farmacia sita na Praza de Curros Enríquez, 9

Cidadáns aposta por Pontevedra como cidade cardioprotexida

08/05/2019
Pontevedra

O programa co que Cidadáns concorrerá ás eleccións municipais do próximo 26 de maio incluirá neste sentido unha proposta concreta para instalar desfibriladores en distintos espazos públicos da cidade, entre os que terán prioridade os de maior tránsito de persoas. O número uno da lista de Cidadáns Pontevedra, Goyo Revenga, considera que...

PontevedraViva
Reunión da Xunta Local do PP de Pontevedra

Rafa Domínguez anuncia unha campaña "intensa" do PP local

07/05/2019
Pontevedra

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, anuncia "una campaña intensa para dar a conocer nuestro proyecto en cada rincón". Así o afirmou este martes, durante a reunión da Xunta Local do PP, previa ao arranque da campaña electoral que comezará ás doce da noite deste...

Oskar Viéitez
Luis Rei coa representante da Coordinadora de Traballadores de Normalización Liguística

Luís Rei asegura que a normalización lingüística vai ter unha maior atención con Marea Pontevedra no goberno do Concello

07/05/2019
Pontevedra

O voceiro e candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, asegura que a normalización lingüística vai ter unha maior atención con Marea Pontevedra no goberno do Concello. Rei e a número 6 da lista de Marea, Herminia Dios, mantiveron un encontro coa Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística para "comezar unha colaboración...

PontevedraViva
Membros da Agrupación Socialista en Pontevedra

O PSOE anuncia que eximirá de algunhas taxas aos pontevedreses coas rendas máis baixas

07/05/2019
Pontevedra

O PSOE establecerá unha redución de até o 100% na cota tributaria das taxas de auga, lixo e sumidoiros para os pontevedreses que non acaden determinados niveis de renda. A proposta, un dos puntos esenciais do programa económico dos socialistas, pretende evitar que as obrigas tributarias empeoren a situación de...

PontevedraViva
Goyo Revenga, durante a presentación da candidatura de Cidadáns

Cidadáns propón crear centros de día para maiores en todas as parroquias

07/05/2019
Pontevedra

O programa electoral de Cidadáns Pontevedra para as eleccións municipais do 26 de maio inclúe a creación de centros de día para persoas maiores en todas as parroquias do municipio. O candidato de Cidadáns, Goyo Revenga, explicou que a súa proposta é aproveitar os distintos espazos culturais de que dispoñen as...

PontevedraViva
Membros da candidatura de Marea Pontevedra con representantes da Fundación Secretariado Xitano

Marea Pontevedra incorpora ao seu programa "as prioridades da comunidade xitana"

06/05/2019
Pontevedra

Marea Pontevedra incorpora ao seu programa de goberno "as prioridades da comunidade xitana", que son: combater o fracaso escolar, emprego e inserción sociolaboral, erradicar o chabolismo e tamén erradicar a discriminación por causa étnica. O candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, acompañado dos membros da lista, Teresa Casal, Herminia Dios e...

Oskar Viéitez
Inicio do curso escolar 2018-2019 na escola infantil da Parda

Cidadáns propón crear 400 prazas en escolas infantís municipais

06/05/2019
Pontevedra

Ata 400 prazas en escolas infantís municipais. É o compromiso que adquiriu Cidadáns, a través do seu candidato á Alcaldía de Pontevedra, Goyo Revenga. A formación laranxa considera "lamentable" que Pontevedra non teña unha escola infantil municipal como o resto das capitais de provincia galegas porque o Concello non quixo adherirse,...

PontevedraViva
Miguel Anxo Fernández Lores e Rafa Domínguez, no pleno municipal

Rafa Domínguez esixe a Lores un debate a dous durante a campaña electoral

05/05/2019
Pontevedra

O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, esixe ao alcaldable do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores un debate a dous como representantes das dúas forzas políticas que el considera que teñen opcións reais de gañar as eleccións municipais do próximo 26 de maio.  Domínguez pide un cara a cara...

PontevedraViva
Reunión de traballo da candidatura do BNG

Última posta a punto da candidatura do BNG antes da campaña electoral

04/05/2019
Pontevedra

A candidatura do BNG de Pontevedra ás eleccións municipais do próximo 26 de maio sentouse este venres a respirar, analizar e tomar forzas de cara á inminente campaña electoral. Os integrantes da lista que encabeza o alcalde e candidato á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores, entre outras medidas, déronlle o...

PontevedraViva
Carril bici do campus

O PSOE propón 16,5 quilómetros de carrís bici de nova creación en Pontevedra

03/05/2019
Pontevedra

Un dos principais proxectos de mobilidade que o PSOE quere facer realidade no vindeiro mandato é xerar un anel ciclista que permita circunvalar o casco urbano en condicións de seguridade polas rúas con máis tráfico e máis perigo para os usuarios da bicicleta. Citan nomeadamente as avenidas de Vigo, Bos...

PontevedraViva
Asistentes ao debate electoral de Amencer-Aspace

O 26M, en clave de diversidade funcional

02/05/2019
Pontevedra

Cales son as propostas dos partidos que se presentan ás próximas eleccións municipais do 26 de maio en Pontevedra en materia de diversidade funcional? Que iniciativas incluirán nos seus programas e cales son as necesidades reais das persoas con algunha discapacidade na cidade? A esas preguntas responderon este xoves candidatos...

Natalia Puga
Mónica Patxot
Rafa Domínguez presenta o seu proxecto para abrir Pontevedra á ría

Rafa Domínguez quere abrir Pontevedra á ría cun proxecto de 9 millóns de euros

02/05/2019
Pontevedra

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, entende que a cidade vive de costas á ría, unha situación que considera unha "anomalía urbanística". Neste sentido, o popular utiliza os exemplos de municipios como A Coruña, Porto ou San Sebastián que teñen os espazos máis privilexiados nas...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Foto de familia da actual corporación municipal de Pontevedra 2015-2019

Dez candidaturas, encabezadas todas por homes, optarán á Alcaldía de Pontevedra

24/04/2019
Pontevedra

Un total de dez candidaturas concorrerán ás eleccións municipais do próximo 26 de maio para chegar á cadeira de brazos da Alcaldía do Concello de Pontevedra. As listaxes oficiais publicadas este mércores no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) constatan que todas elas están encabezadas por homes, unha situación...

Natalia Puga
Membros da Agrupación Socialista en Pontevedra

O PSOE proxecta a construción dun anfiteatro ao aire libre en Valdecorvos ou Monte Porreiro

23/04/2019
Pontevedra

Impulsar a construción dun anfiteatro ao aire libre para acoller concertos de música e representacións teatrais é unha das propostas "estrela" do programa cultural do PSOE que Tino Fernández quere facer realidade no vindeiro mandato. Segundo os socialistas, o novo auditorio (ao estilo do que existe en Castrelos, en Vigo) contaría...

PontevedraViva
Acto electoral do Partido Popular

O PP critica a "nula promoción" da Semana Santa de Pontevedra

22/04/2019
Pontevedra

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou ao goberno local pola "nula promoción" da Semana Santa que se celebra na cidade do Lérez.  Rafa Domínguez percorreu este luns un tramo do Camiño Portugués a Santiago xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a candidata...

Oskar Viéitez
Nacho Fuentes
José Ramón Otero, portavoz de Podemos en Pontevedra

Podemos e Esquerda Unida presentaranse xuntos ás municipais en Pontevedra

17/04/2019
Pontevedra

Hai un novo contendente pola Alcaldía de Pontevedra. Podemos confirmou que se presentará ás eleccións municipais. Iso si, non o fará só. Será cunha candidatura conxunta con Esquerda Unida o que replicará o modelo de coalición que ambos os partidos rexistraron para as xerais: En Común Unidas Podemos. A marca electoral...

Alejandro Espiño
Reunión entre Marea Pontevedra e Amizade

Marea comprométese a facer unha Pontevedra máis inclusiva

12/04/2019
Pontevedra

A candidatura de Marea Pontevedra ás próximas eleccións municipais comprometeuse "a levar adiante desde o goberno do Concello" unha serie de medidas para facer unha cidade máis inclusiva. Entre outras iniciativas inclúen a promesa de mellorar en materia de accesibilidade "en xeral", tamén a incluír a linguaxe de signos como mérito...

Oskar Viéitez
Reparto de propaganda electoral do PSOE en Pontevedra

O PSOE propón a urbanización do último treito de Ernesto Caballero

10/04/2019
Pontevedra

O Partido Socialista incorpora no seu programa electoral para os vindeiros comicios municipais unha proposta para acadar a conexión da urbanización de Valdecorvos coa rúa Loureiro Crespo e, a través dela, co centro urbano, mediante a reforma do último treito da rúa Ernesto Caballero. O plan de urbanización dos socialistas levaríase...

PontevedraViva
Visita dos membros de Marea Pontevedra ao centro de AFAPO

Marea Pontevedra incorpora a súa axenda política as demandas de AFAPO

10/04/2019
Pontevedra

O voceiro e candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, e as tamén candidatas, Herminia Dios e César Maquieira, mantiveron un encontro co presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (AFAPO), José Manuel Fontenla, incorporando as súas demandas a súa axenda política. AFAPO xestiona desde o ano...

PontevedraViva
Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP

Rafa Domínguez ve este mandato como o "último aliento" dun goberno "agotado"

09/04/2019
Pontevedra

A mes e medio de que se celebren as eleccións, o Partido Popular dá por terminado o mandato municipal e este martes o seu candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, fixo balance deste últimos catro anos. Acompañado dos seus números 2 e 3 na candidatura por Pontevedra, Pepa Pardo e Pablo Fernández,...

Alejandro Espiño
Representantes da agrupación socialista de Pontevedra

O PSOE de Tino Fernández quere frear o éxodo poboacional da "Pontevedra baleira"

07/04/2019
Pontevedra

Entre 1996 e 2018, o municipio de Pontevedra aumentou a súa poboación en preto de 11.000 habitantes. Malia iso, durante ese período, as parroquias perderon a 1.130 residentes. O PSOE de Pontevedra, que lidera Tino Fernández, quere centrar a súa atención sobre esta situación que reflicte a "Pontevedra baleira". O candidato...

PontevedraViva
Presentación da candidatura de Rafa Domínguez

Rafa Domínguez presume de candidatura, acompañado por Ana Pastor e Alfonso Rueda

06/04/2019
Pontevedra

O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda e a presidenta do Parlamento estatal Ana Pastor exerceron de valedores na presentación da candidatura de Rafa Domínguez ás vindeiras eleccións municipais. O acto, celebrado este sábado no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, contou coa presenza de máis de 200 persoas. O evento...

PontevedraViva
Rafa Domínguez e Pablo Fernández

Pablo Fernández López dimite como presidente de AJE Pontevedra para ir como número 3 do PP

05/04/2019
Pontevedra

Pablo Fernández López presentou a súa dimisión como presidente da Asociación de Jóvenes Empesarios de Pontevedra (AJE) na asemblea realizada este venres cos socios. O ata agora máximo responsable da asociación empresarial vai figurar como número tres na listaxe electoral do Partido Popular, que lidera Rafa Domínguez, volvendo a presentarse na candidatura...

PontevedraViva
Rafa Domínguez e Pepa Pardo na 'rafaneta' do PP

Rafa Domínguez monta na 'rafaneta' para reivindicar unha Pontevedra capital

03/04/2019
Pontevedra

Unha Pontevedra Capital. Ese será o lema de campaña do Partido Popular para as eleccións municipais de maio. Rafa Domínguez presentou este mércores o concepto desta idea coa que os populares percorrerán os barrios e parroquias de Pontevedra. Farano a bordo da "Rafaneta", unha especie de 'food truck' na que...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Silvia Junco, integrante da candidatura do PP

Catro nomes reforzan a lista de Rafa Domínguez ás municipais

02/04/2019
Pontevedra

O Partido Popular segue desvelando, aos poucos, o nome dos homes e mulleres que acompañarán a Rafa Domínguez na candidatura que os populares presentarán ás eleccións municipais do próximo mes de maio. Domínguez avanzou que tres novas incorporacións, Martín Martínez, Silvia Junco e Guillermo Juncal, ocuparán os números 6, 7 e...

PontevedraViva
Visita do PSOE aos xardíns da UNED

O PSOE quere abrir á cidadanía o parque da Uned

30/03/2019
Pontevedra

Abrir o parque da Uned para uso e desfrute da cidadanía e integralo coa zona verde do Mirador de Monte Porreiro é un dos desexos que a Agrupación Municipal do PSOE pretende facer posible no vindeiro mandato. Trátase dun histórico proxecto reivindicado tanto polos veciños do barrio como pola propia dirección...

Oskar Viéitez
Manuel Fontán e Peque González

Marea Pontevedra presenta un plan para defender as vivendas do lume forestal

30/03/2019
Pontevedra

Marea Pontevedra propón a posta en marcha "urxente" despois das eleccións do 26 de maio dun plan de choque para a eliminación do risco de incendios forestais, limpeza e erradicación de especies inflamables na contorna de núcleos de vivendas, instalacións e infraestruturas. Manuel Fontán e Peque González, terceiro e cuarta da...

Oskar Viéitez
Pepa Pardo e Rafa Domínguez presentando o I Foro PontEmplea

O 'gurú económico' de Pablo Casado virá a Pontevedra a falar de emprego e economía

28/03/2019
Pontevedra

Dúas xornadas, abertas á cidadanía, que terán lugar o 4 e 11 de abril no Hotel Rías Baixas. É o que ofrecerá o I Foro PontEmplea, que organiza o PP de Pontevedra para escoitar a visión de expertos sobre creación de emprego e economía. O economista Daniel Lacalle, o 'gurú económico'...

Alejandro Espiño
Ana Isabel Vázquez e Rafa Domínguez

Ana Isabel Vázquez, número 4 da lista do PP ás municipais

18/03/2019
Pontevedra

O candidato á Alcaldía de Pontevedra polo Partido Popular, Rafael Domínguez, anunciou nas redes sociais que Ana Isabel Vázquez irá de número de 4 da súa candidatura ás municipais. Ana Isabel Vázquez é a xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, un cargo que afirma vai ser compatible coa súa...

PontevedraViva
Comisión Executiva Provincial do Partido Socialista

O PSOE destaca que as mulleres encabezan o 44% das súas candidaturas nas municipais

18/03/2019
Pontevedra

A Comisión Executiva Provincial aprobou esta fin de semana na súa xuntanza en Pontevedra o 100% das candidaturas socialistas para os vindeiros comicios municipais nos concellos de máis de 20 mil habitantes e o 95% naqueles muncipios de menos de 20 mil habitantes. Unhas listas que, segundo destacou o secretario...

PontevedraViva
Teresa Narciso formará parte da candidatura de Marea Pontevedra para as municipais

Teresa Narciso formará parte da candidatura de Marea Pontevedra para as municipais

18/03/2019
Pontevedra

Recentemente xubilada, Teresa Narciso da o salto á política local e o fai da man de Marea Pontevedra. No 1985 foi unha das seis primeiras mulleres da Policía Local de Pontevedra, "o máis bonito do meu traballo foi serlle útil a cidadanía de Pontevedra. Desfrutei enormemente axudando a mellorar a...

PontevedraViva
Tino Fernández visita o barrio da Seca

O PSOE promete convertir a pasarela da Seca nun novo parque

17/03/2019
Pontevedra

A Agrupación Municipal do PSOE cre que o barrio da Seca é un dos máis abandonados por parte do Concello de Pontevedra, e por iso deseñou un proxecto de humanización no que se contempla a rexeneración e aproveitamento da pasarela sobre a vía do tren para dotar dun novo parque...

PontevedraViva
Anabel Gulías e Demetrio Gómez

Lores presenta a candidatura ás municipais o 22 de marzo na Afundación

16/03/2019
Pontevedra

O BNG de Pontevedra presentará oficialmente a súa candidatura ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, o próximo venres, 22 de marzo, nun acto aberto ao público e programado no auditorio da Afundación a partir das 20.30 horas no que estarán todas as mulleres e homes que acompañarán a...

Oskar Viéitez
Pepa Pardo e Gloria Blanco, na porta dos seus respectivos despachos

Gloria Blanco (PSOE) e Pepa Pardo (PP), socias na avogacía e 'enemigas íntimas' na política

13/03/2019
Pontevedra

Cando comezaron a traballar xuntas nin Pepa Pardo nin Gloria Blanco podían sequera imaxinar que, ademais de compartir bufete de avogados, acabarían enfrontándose nunhas eleccións. Agora, catro anos despois, farano como os respectivas números 2 de Rafa Domínguez e Tino Fernández nas candidaturas que PP e PSOE presentan ás municipais...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP

Rafa Domínguez sobre o acto de agresión ao coordinador local de Vox: "Es tan condenable como el de Rajoy"

11/03/2019
Pontevedra

Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP e candidato popular á alcaldía, cualificaba de "terrorífico" e "deleznable" o último asasinato machista, que se rexistraba no municipio pontevedrés de Valga. "Non hai palabras para un evento tan atroz", manifestou. O representante do Partido Popular tamén condenaba a agresión ao coordinador local...

Anxo Lourido
Ángel Mario Lago

O histórico dirixente veciñal Ángel Mario Lago irá na lista do PSOE ás municipais

07/03/2019
Pontevedra

Ángel Mario Lago, unha das persoas máis senlleiras do movemento asociativo veciñal en Pontevedra, aceptou a oferta do PSOE para formar parte da súa candidatura ás próximas eleccións municipais de maio. Para o candidato socialista, Tino Fernández, Ángel Mario Lago amosa a "decidida aposta" do partido para mellorar a situación dos...

PontevedraViva
Xuntanza de Rafa Domínguez con colectivos de skaters

Os populares prometen unha zona deportiva conxunta para BMX, skate e parkour

06/03/2019
Pontevedra

O parque da Xunqueira é a zona proposta polo candidato o PP á Alcaldía, Rafa Domínguez, para habilitar en Pontevedra unha zona deportiva conxunta na que os mozos poidan practicar disciplinas urbanas como BMX, skate e parkour. Así llo trasladou Domínguez aos representantes dos colectivos Skatepark Xa! e Airtrace, cos que...

PontevedraViva
Ada Otero

Ada Otero, a primeira candidata transexual ás municipais, pon xa un acento reivindicativo no 8M

04/03/2019
Pontevedra

'Pontevedresa, licenciada en Dereito, especialista en violencia de xénero, activista e formadora en grupos de apoio para persoas transxénero e familiares'. Así a presentaba PontevedraViva e PontevedraViva Radio o verán do ano pasado no Cara a cara a Ada Otero Huertas. Agora, ademais, hai que engadir que é a primeira persoa...

Mónica Patxot
Marisa Ciordia
Xuntanza do PSOE de Pontevedra cos veciños do rural

O PSOE propone un viveiro de empresas para produtos agrícolas para Xeve e Bora

01/03/2019
Pontevedra

Dar a coñecer e comercializar os produtos agrícolas cultivados nas hortas é o obxectivo esencial do viveiro de empresas que o grupo municipal do PSOE pretende poñer en marcha no contorno de Xeve e Bora. O proxecto socialista, deseñado en base ao éxito obtido por outras iniciativas semellantes e a partires...

Oskar Viéitez
Teresa Casal, César Maquieira e Herminia Dios

Marea pide corrixir a "eiva" das festas de Pontevedra e facelas "máis inclusivas"

01/03/2019
Pontevedra

Máis de 8.000 pontevedreses, segundo os datos da Xunta de Galicia, teñen algunha discapacidade sensorial, motora ou cognitiva. É un de cada dez cidadáns de Pontevedra e para eles, denuncia Marea, as festas non son iguais que para os demais polas dificultades que atopan para poder gozar das actividades que...

Alejandro Espiño
Festa de inauguración do parque infantil de Campolongo

O PP propón un 'plan de choque' para atender os parques infantís de Pontevedra

27/02/2019
Pontevedra

Que Pontevedra conte cunha rede de parques infantís "inclusivos, mejor cuidados, más amplios y más seguros". É a proposta que presentou este mércores o candidato do PP á Alcaldía, Rafa Domínguez, tras analizar en profundidade o estado actual de todas estas instalacións existentes no municipio. Domínguez sinalou que moitos dos parques...

Alejandro Espiño
Autobús de transporte público

Tino Fernández propón reducir a un euro o prezo do bus a Monte Porreiro

26/02/2019
Pontevedra

Rebaixar a tan só un euro o prezo do billete do autobús que conecta o centro da cidade con Monte Porreiro. É a proposta que fai o socialista Tino Fernández, xunto coa mellora nas frecuencias de tránsito desta liña, para incentivar o seu uso. Os socialistas proporán tamén unha mellora das...

PontevedraViva
Xuntanza de Tino Fernández co director do CRE da ONCE, José Ángel Abraldes

Os socialistas comprometen itinerarios "máis seguros" para as persoas con discapacidade

25/02/2019
Pontevedra

Implantar itinerarios podotáctiles nos proxectos de urbanización e regular o tránsito de bicicletas e patinetes nas zonas peonís. Son as dúas principais medidas que propón o PSOE para crear itinerarios "máis seguros" en Pontevedra para as persoas con discapacidade. Estas iniciativas pretenden dar resposta ás demandas que o director do Centro...

PontevedraViva
O PSOE presenta o seu proxecto para o barrio de Campolongo

Peonalizar Iglesias Vilarelle ou destapar o Gafos, propostas do PSOE para Campolongo

21/02/2019
Pontevedra

O proxecto que os socialistas presentan para o barrio de Campolongo xira sobre un eixo fundamental: unha actuación "realista e factible" para destapar o tramo oculto do Gafos. Así llo trasladou o candidato á Alcaldía, Tino Fernández, aos veciños do barrio. Tras moitos anos de reivindicacións veciñais e promesas que quedaron...

PontevedraViva
Xefatura da Policía Local de Pontevedra

Marea promete unha sede definitiva para a Policía Local de Pontevedra

19/02/2019
Pontevedra

Tras vinte anos nunha sede provisional, situada nos baixos do Pazo da Cultura, as dependencias da Policía Local precisan dun espazo adaptado ás súas necesidades. Así o entenden desde Marea Pontevedra, que prometen solucionar esta cuestión durante o próximo mandato municipal. Luís Rei e Teresa Casal, candidatos ás eleccións municipais, mantiveron...

PontevedraViva
Pablo Casado pasa unha tarde de compras por Pontevedra

Casado e Feijóo pasan a tarde de compras en Pontevedra

14/02/2019
Pontevedra

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, pasou unha tarde de compras por Pontevedra acompañado do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O líder galego chegou con 20 minutos de atraso á cita, un tempo que Pablo Casado ocupou tomando un café no "Tío Gilito" en compañía do candidato...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Marcos Rey

O PSOE de Pontevedra ficha a Marcos Rey para a súa candidatura local

13/02/2019
Pontevedra

Marcos Rey, presidente da Asociación de Veciños e da comunidade de Montes de Verducido, formará parte da candidatura do PSOE ás próximas eleccións municipais "nun lugar destacado" informou este mércores Tino Fernández, candidato a alcaldía pola formación socialista. "Trátase dunha incorporación que prestixia e potencia á candidatura e que demostra que...

Oskar Viéitez
Presentación de VOX en Pontevedra

"Tendremos candidaturas en los ayuntamientos", asegura VOX na súa presentación en Pontevedra

09/02/2019
Pontevedra

VOX desembarcou este sábado en Pontevedra cun acto aberto celebrado na Finca Batacos. O evento supoñía a presentación na cidade da formación de extrema dereita.  Ao acto acudiu o secretario xeral a nivel nacional de VOX, Javier Ortega Smith, ademais dun nutrido grupo de simpatizantes. Os plans da formación pasan por elaborar unha...

PontevedraViva
Xuntanza de Rafa Domínguez e Pepa Pardo con representantes da Federación Galega de Caza

Rafa Domínguez mostra o seu apoio á caza e insta a "respectala e defendela"

31/01/2019
Pontevedra

A caza "é legal" e mentres así sexa "debemos respectala e defendela". Con esas declaracións mostrou o candidato do PP por Pontevedra, Rafa Domínguez, o seu apoio ao sector cinexético da provincia. Foi tras unha reunión que mantivo, acompañado da secretaria xeral do PP, Pepa Pardo, cos representantes provinciais da Federación ...

PontevedraViva
Rafa Domínguez asinou ante notario doce promesas electorais destinadas ao rural

Rafa Domínguez asina ante notario doce promesas electorais para o rural

11/01/2019
Pontevedra

O portavoz do grupo municipal e candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez asinou este venres ante notario doce medidas destinadas ao rural que se compromete a executar no seu "primer mandato", se as eleccións do próximo mes de maio lle proporcionan o bastón de mando. "Es un...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Maica Larriba, Tino Fernández e Pedro Vila

Tino Fernández: "Sempre que estivemos no goberno, o Concello funcionou mellor"

20/12/2018
Pontevedra

A seis meses das eleccións municipais, os partidos comezan a moverse. Así, o PSOE tras a presentación oficial hai uns días de Tino Fernández como candidato á Alcaldía de Pontevedra, debullou as liñas básicas sobre as que pivotará o proxecto que encabezará o seu actual portavoz na cidade. Fíxoo nun almorzo...

Alejandro Espiño
Presentación de Tino Fernández como candidato do PSdeG-PSOE en Pontevedra

Tino Fernández, o candidato co que o PSOE quere dar un "aire" e un "impulso" a Pontevedra

14/12/2018
Pontevedra

Con Tino Fernández, o PSOE quere dar un "aire" e un "impulso" a Pontevedra e conseguir "revitalizar" a cidade tras vinte anos de goberno do BNG. Así o destacou o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, que arroupou ao actual portavoz municipal dos socialistas na súa presentación oficial como candidato...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Luis Rei e Teresa Casal na cafetería Savoy

Teresa Casal e Marea selan a súa "triple declaración de amor" con Pontevedra

06/11/2018
Pontevedra

Do PSOE a Marea. Así é o camiño que emprendeu Teresa Casal. A ex tenente de alcalde en Pontevedra entre 2003 e 2011 será, aceptando a oferta adiantada por PontevedraViva, a número 2 da candidatura que liderará Luís Rei para as próximas eleccións municipais de 2019. Case oito anos despois de...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot