O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, anuncia "una campaña intensa para dar a conocer nuestro proyecto en cada rincón". Así o afirmou este martes, durante a reunión da Xunta Local do PP, previa ao arranque da campaña electoral que comezará ás doce da noite deste xoves 9 de maio.
Emprego, Abrir Pontevedra á Ría, transporte público, extensión da reforma urbana aos barrios, fin do abandono do rural e o sistema de recollida de lixo porta a porta centrarán as súas mensaxes para "Unha Pontevedra Capital".
"Queremos una campaña en positivo, en la que se confronten propuestas y se hable de proyectos. Presentamos nuevas ideas después de 20 años de lo mismo y queremos que los pontevedreses las conozcan. Hace falta un cambio", dixo o alcaldable do PP.
Os populares de Pontevedra contarán durante a campaña electoral co apoio do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, do presidente provincial, Alfonso Rueda, de Ana Pastor e de diversos conselleiros que durante estes quince días acompañarán ao candidato popular nos diversos actos que se desenvolvan no municipio.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.