Marea Pontevedra confirma a Luís Rei como o seu candidato á alcaldía para 2019

Pontevedra
03 de febreiro 2018

O actual portavoz de Marea Pontevedra foi o único que presentou os avais correspondentes en tempo e forma para participar nas primarias da formación política

Luis Rei, portavoz de Marea Pontevedra
Luis Rei, portavoz de Marea Pontevedra / Mónica Patxot

Marea Pontevedra deu a coñecer o que será o seu candidato nas próximas eleccións municipais, no ano 2019, e fíxoo sen sorpresas.

O seu actual voceiro, Luís Rei, será o cabeza de cartel da candidatura unha vez pechado o prazo de presentación para o proceso de primarias aberto na formación política.

A de Luís Rei foi a única candidatura que presentou ante a comisión electoral os avais correspondentes.

Desta forma, aínda que se mantén a data para a xornada de votación prevista para o 9 de febreiro, as opcións que se atoparán os afiliados serán a de votar ao voceiro do grupo municipal ou facelo en branco.

Para os responsables de Marea Pontevedra, o feito de que exista un único candidato reflicte o "alto grao de consenso" co traballo realizade durante os tres últimos anos na corporación municipal.