O presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, asegurou este venres que a crise aberta no grupo municipal do PP de Pontevedra tras a saída da concelleira María Biempica é xa "un caso cerrado". Louzán asegurou que o apoio ao voceiro municipal é "absoluto, como non pode ser doutra maneira".
"Estas cousas poden suceder, somos humanos", dixo Louzán. "Son cousas que pasan en todas as familias", lamentou o mandatario popular que engadiu que "é certo que preferiría que isto non sucedera",
Ademais Rafael Louzán indicou que o "normal e coherente" tería sido que María Biempica renunciase á súa acta como concelleira "xa que é unha lista pechada do Partido Popular que foi quen gañou ás eleccións", criticou.
Louzán evitou pronunciarse claramente sobre a idoneidade de Jacobo Moreira para asumir a presidencia local do Partido. Por dous motivos, que o congreso aínda non foi convocado e debe ser o propio Moreira quen aclare se se quere presentar "que eu supoño que si", admitiu Louzán.