María Biempica pide unha xestión eficiente da praza de Abastos

Pontevedra
21 de decembro 2014

A concelleira non adscrita, María Biempica, pedirá no pleno municipal deste luns unha xestión eficiente da praza de Abastos de Pontevedra. A concelleira cre que a revitalización da Praza de Abastos debe ser "o resultado dun trabajo colaborativo público e privado e isto esixe unha planificación estratéxica integral"

Mercado de Abastos de Pontevedra
Mercado de Abastos de Pontevedra / Mónica Patxot

A concelleira non adscrita, María Biempica, pedirá no pleno municipal deste luns unha xestión eficiente da praza de Abastos de Pontevedra. A concelleira cre que a revitalización da Praza de Abastos debe ser "o resultado dun traballo colaborativo público e privado e isto esixe unha planificación estratéxica integral".

Para iso entente que será preciso abordar temas que reclaman solución por parte dos comerciantes a curto prazo como é a modificación da ordenanza de mercados existente, xa que a actual é obsoleta; a adquisición dunha cámara de xeo que substitúa a que se estropeou hai tres anos e extender os seus horarios polas tardes; así como permitir e facilitar a instalación de caixeiros automáticos nas súas inmediacións.

Outro paso que recomenda a concelleira é "potenciar o comercio de proximidade á Praza de Abastos", como exemplo cita a posibilidade de "ceder este espazo un día ao mes para a Feira de Postos Ambulantes que actualmente se realiza no Pazo". Tamén se poderían trasladar a esta rúa as mulleres que na actualidade venden os seus produtos no Paseo Inxenieiro Rafael Areses e mellorar o comercio que xa está asentado na Praza de Abastos.

Tamén suxire ofrecer nas plazas vacantes negocios a emprendedores que ofrezan produtos complementarios e non concurrentes cos dos comerciantes ou a postos minoristas como restaurantes ou otras formas de cultura ou lecer, produtos gourmet, delicatessen con denominación de orixe protexida, especialidades rexionais, pratos preparados, productos orgánicos ou ecolóxicos, postos non alimentarios ou mesmo franquicias.

E finalmente propón a posta en marcha dun programa de apoio aos comerciantes, mellorando a profesionalización da actividade comercial e a competitividade dos comerciantes, outro plan de apoio financeiro e facilidades no préstamo e formalización do sector do pequeno comercio, e tamén a creación dunha imaxe e marca de calidade, saúde, variedade e especialización da Praza de Abastos que busque reforzar o atractivo comercial entre os residentes de Pontevedra e os concellos veciños.