Do mesmo xeito que no resto do Estado, Marín afánase en cumprir as medidas de prevención impostas para tentar frear o alcance do coronavirus Covid-19.
Por esa razón a alcaldesa, María Ramallo, quixo agradecer este domingo a "implicación e respecto" dos veciños da vila á hora de poñelas en práctica.
A rexedora marinense lembrou que "no caso de ter que realizar algún desprazamento, cumpramos tamén todas as medidas de hixiene e de prevención adoptadas", tales como manter a distancia de seguridade de entre un metro e medio e dous con outras persoas.
Doutra banda "rogamos que non se dean acumulacións nos supermercados e centros de alimentación, porque poderán atoparse todos os alimentos de primeira necesidade sen ningún tipo de problema", manifestou.
Ademais a alcaldesa tamén pide aos seus veciños que "traten de utilizar os medios telemáticos e telefónicos sempre que sexa posible" para así evitar saír dos seus domicilio particulares.
No caso de ter que facelo, o Concello de Marín lembra cales son as excepcións permitidas á medida de confinamento domiciliario establecido co estado de alarma, como son:
- Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos ou de primeira necesidade.
- Asistencia a centros sanitarios debido a unha urxencia
- Desprazamento ao lugar de traballo
- Retorno ao lugar de residencia habitual en caso de atoparse fóra de casa
- Asistencia e coidado aos maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables
- Desprazamento a entidades financieiras
- Por causas de forza maior ou de primeira necesidade
- Calquera actividade de análoga natureza debidamente xustificada, como baixar o can.
Por último María Ramallo en nome de todo o goberno local quixo facer extensivo o agradecemento de toda a corporación cara aos profesionais sanitarios.