Marín acorda coas comunidades de montes a protección dos espazos arqueolóxicos

Marín
02 de xaneiro 2018

Este martes, no Concello de Marín, reuniuse a concelleira Beatriz Rodríguez con representantes das comunidades de montes do municipio para explicar o Plan de Protección de Espazos Arqueolóxicos

Reunión coas comunidades de montes polo Plan de Protección de Espazos Arqueolóxicos Concello de Marín

Este martes, no Concello de Marín, reuniuse a concelleira Beatriz Rodríguez con representantes das comunidades de montes do municipio para explicar o Plan de Protección de Espazos Arqueolóxicos.

Esta iniciativa municipal pretende a coordinación de traballos de conservación e posta en valor dos xacementos arqueolóxicos que se atopan na contorna e que na súa maior parte están situados en terreos comunais, para o que se pretende establecer unha serie de prioridades para poder ir avanzando e marcando obxectivos.

A primeira toma de contacto deu lugar a posteriores reunións con cada unha das comunidades de montes en aras da organización de traballos a executar sobre o terreo.

Valoráronse actuacións como a revisión dos vestixios, limpeza, sinalización, balizado das zonas protexidas e a divulgación do patrimonio dentro do concello.