'Marín en Ruta' péchase cunha concorrida andaina ao Lago de Castiñeiras

Marín
09 de outubro 2017

Preto de 200 persoas participaron na cuarta e última xornada deste programa impulsado polo Concello de Marín

Última andaina de Marín en Ruta Concello de Marín

A cuarta e última xornada do programa 'Marín en Ruta' tivo como protagonista este domingo o Lago de Castiñeiras.

Preto de 200 persoas participaron na andaina e na fin de festa organizado polo Concello.

Ao finalizar fixéronse entrega duns bastóns conmemorativos ás persoas que participaron en polo menos tres das catro andainas organizadas, sendo as anteriores a ruta dos miradoiros, a das praias e o Monte Penizas.

A experiencia de 'Marín en Ruta' foi máis que positiva, polo que a concellería de Turismo prepara xa a que será a súa seguinte edición, a partir da próxima primavera.