Marín espera a autorización de Patrimonio para actuar sobre o camiño de acceso a Santa María do Campo

Marín
31 de marzo 2017

Na actualidade o estado do pavimento do viario municipal de acceso á Igrexa atópase moi deteriorado, con numerosas fochancas e irregularidades, tanto na superficie revestida de formigón, como nas zonas que teñen laxas de pedra mal asentadas, mesmo na parte final que é de terra e que ocasionan tropezos e algunha que outra caída entre as persoas que camiñan en dirección á igrexa

Vial de Santa María do Campo, en Seixo Concello de Marín

O Concello de Marín quere "dignificar e poñer en valor" a contorna da Igrexa de Santa María do Campo e o conxunto etnográfico que a rodea, polo que encargou un proxecto de reforma.

Na actualidade o estado do pavimento do viario municipal de acceso á Igrexa atópase moi deteriorado, con numerosas fochancas e irregularidades, tanto na superficie revestida de formigón, como nas zonas que teñen laxas de pedra mal asentadas, mesmo na parte final que é de terra e que ocasionan tropezos e algunha que outra caída entre as persoas que camiñan en dirección á igrexa.

Ademais, ao non existir ningún sumidoiro ou rexa de recollida de augas pluviais unha parte importante das escorrentías procedentes da estrada provincial vértense cara ao camiño municipal.

Os traballos proxectados afectan ao viario de titularidade municipal e á estrada provincial EP-1202, que comunica o núcleo de Seixo coa parroquia de Santo Tomé de Piñeiro.

Nesta estrada habilitarase un redutor de velocidade.

Estímase un prazo de execución dun mes e medio e o orzamento total de licitación é de 67.392,43 euros. A obra será aprobada en canto estea autorizada por Patrimonio e será financiada pola Deputación a través do Plan Concellos para este ano 2017.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora