Desde este martes están instalados na entrada ao municipio uns totems á entrada e a saída do termo municipal.
A empresa adxudicataria do contrato de sinalización turística de Marín tamén se encarga de instalar indicadores nas praias e na contorna dos petróglifos de Mogor.
A concelleira delegada de Turismo, Cristina Acuña, explicou que esta sinalización é unha "necesidade" para o desenvolvemento turístico do municipio.
A iniciativa completarase cuns paneis que achegan información.