Nava Castro comproba en Marín o resultado do plan de sinalización de recursos turísticos

Marín
12 de xaneiro 2017

Marín recibiu unha axuda de 22.250 euros ao ser un dos 82 concellos beneficiados por esta liña convocada anualmente por Turismo de Galicia

Visita de Nava Castro a Marín
Visita de Nava Castro a Marín / Xunta de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, comprobaron este xoves en Marín o resultado do plan de sinalización de recursos turísticos que contou co financiamento do goberno galego.

Marín recibiu unha axuda de 22.250 euros ao ser un dos 82 concellos beneficiados por esta liña convocada anualmente por Turismo de Galicia.

"Mediante estas subvencións queremos consolidar a oferta turística nas zonas rurais poñendo en valor a súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística" afirmou.