Nova sinalización para o patrimonio arqueolóxico de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
09 de febreiro 2017

O concello recibiu unha subvención de máis de 18 mil euros para a instalación dun total de 21 sinais turísticas

Nova sinalización turística en Cerdedo-Cotobade
Nova sinalización turística en Cerdedo-Cotobade / Xunta

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron este xoves o concello de Cerdedo-Cotobade, xunto co alcalde, Jorge Cubela, para supervisar o resultado da sinalización do patrimonio arqueolóxico.

O Concello recibiu unha subvención de máis de 18.000 euros para a instalación dun total de 21 sinais turísticas.

Cerdedo-Cotobade foi así un dos 21 concellos da provincia de Pontevedra que se beneficiaron destas axudas, un total de 82 en toda a comunidade galega.

Durante a visita, a directora de Turismo de Galicia explicou que o obxectivo é dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización axeitadas para convertelo nun recurso turístico accesible.