O Concello de Marín iniciou esta semana os labores de renovación da iluminación pública na zona da Brea e Ameal. Unha actuación que se enmarca na campaña municipal de substitución da iluminación de diferentes zonas da vila por alternativas máis eficientes.
Explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que "con este proxecto aumentamos practicamente ao dobre os puntos de luz existentes. Con iso conseguiremos mellorar substancialmente a visibilidade na estrada"
As luminarias estarán equipadas con tecnoloxía LED que farán posible un aforro enerxético. Ademais haberá tamén unha renovación dos cadros de iluminación e unha mellora estética dos puntos de luz.
O prazo de execución será de 45 días e a empresa Setga é a encargada de levala a cabo por un importe de 30.250 euros.