Marín pon punto os seus cemiterios para a celebración do Día de Difuntos

Marín
21 de outubro 2020

O Concello espera a publicación das directrices por parte da Xunta para regular os accesos aos camposantos durante o 1 de novembro, mentres tanto pide aos propietarios que anticipen os labores de limpeza nos panteóns para evitar aglomeracións nos días previos ao festivo

O Concello de Marín intervén nos accesos aos cemiterios para preparalos para o Día de Difuntos
O Concello de Marín intervén nos accesos aos cemiterios para preparalos para o Día de Difuntos / Concello de Marín

O Concello de Marín, a través da brigada municipal de limpeza, leva a cabo estes días a posta a punto dos cemiterios municipais coa vista posta na próxima celebración do Día de Defuntos.

Este ano serán as medidas de prevención da covid-19 as que marquen o protocolo de seguridade que a Xunta de Galicia fará públicas nos próximos días para organizar o acceso de visitantes aos camposantos..

O Concello pide ademais a todas aquelas persoas que vaian limpar ou arrombar os seus panteóns que o fagan canto antes e de maneira ordenada para evitar aglomeracións nos días previos a Defuntos.

Por outra banda, a brigada de limpeza continúa realizando desinfeccións nos lugares máis frecuentados polos veciños como os accesos aos centros de saúde, os parques infantís ou os lugares de culto.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora