Marín prepárase para a segunda edición do seu Gaming Fest

Marín
11 de setembro 2022

Os días elixidos para a celebración son o 15 e o 16 de outubro data na que os torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros, Ultimate e League of Legends, serán os pratos pratos fortes

Presentación da segunda edición Marín Gaming Fest Concello de Marín

Tralo éxito acadado na primeira edición coa participación de preto de 400 persoas, o Pavillón da Raña acollerá por segundo ano consecutivo o II Marín Gaming Fest.

Organizado polo Concello de Marín e Gaming Troop, o evento foi presentado este venres polos concelleiros Hugo González e Antonio Caíña, así como con representantes da entidade organizadora.

Os días elixidos para a celebración son o 15 e o 16 de outubro, data na que os torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros, Ultimate e League of Legends, serán os pratos pratos fortes.

"Para dar máis variedade ao evento e que poida xogar máis público, aumentarase o número de videoxogos dispoñibles, que terán xogo libre e pequenos torneos, como Mario Kart, Dragon Ball FB Z, Fornite, Fall Guys, Fifa22, Just Dance, Rocket League ou Switch Sports", explicaron desde a organización. Ademais, materán a zona de 'simracing' con dous dos postos de volante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2.

Como gran novidade, este ano haberá unha zona VR onde os asistentes poderán probar a experiencia das gafas de realidade virtual a través do xogo de ritmo Beat Saber.

Non faltará tampouco o concurso de cosplay, onde poñer a proba as habilidades de costura, patronaxe e interpretación dos que participen, que poderán ser até 50.

Tamén haberá espacio para o 'jugger' onde se poderá probar a aprender este deporte, facendo demostracións de partidos deste xogo. Completarán a programación obradoiros e charlas de interese, e un concerto de música de videoxogos-anime da man do artista Yell0.

Por último, para que as persoas asistentes poidan desfrutar das actividades que se celebrarán durante todo o día, instalarán varios foodtrucks diante do pavillón.