Marín presenta a súa oferta de emprego público para este ano

Marín
13 de xuño 2017

Trátase dunha praza de técnico informático e dous de peón operario. Ademais ábrese a convocatoria para promoción interna vertical dunha praza de oficial electricista e outra de administrativo

A brigada de obras na rúa Recamán
A brigada de obras na rúa Recamán / Concello de Marín

A Xunta Local de Goberno do Concello de Marín, que se celebrará este mércores, inclúe entre os puntos da orde do día figura a proposta da Alcaldía relativa á aprobación da oferta de emprego público de 2017, que foi acordada coa mesa de negociación cando se presentou o proxecto de orzamentos municipais para ete ano.

Aprobado definitivamente o orzamento municipal para este ano, sen que se presentase ningunha alegación, e estando xa en vigor, agora sométese a aprobación a oferta de emprego público para este ano, que cumpre as limitacións na contratación de prazas públicas que permiten os Orzamentos Xerais do Estado para 2016.

Nesta oferta, segundo a taxa de reposición legalmente aprobada, pódense cubrir co sistema de libre acceso a metade dos efectivos que se xubilaron ao longo do 2016, ofertando a cobertura de tres prazas actualmente vacantes. Trátase dunha praza de técnico informático e dous de peón operario.

Ademais ábrese a convocatoria para promoción interna vertical dunha praza de oficial electricista e outra de administrativo. Trátase de xerar carreira profesional entre os actuais funcionarios que poden aproveitar unha mellora nos seus postos, do mesmo xeito que se está levando a cabo nestes momentos a cobertura das prazas que figuraban na oferta de emprego público de 2016.

Despois desta aprobación, iniciaranse os trámites para a confección das bases que rexen estes procesos e iranse convocando cada unha delas.