Marín programa obras en seis das súas rúas

Marín
07 de novembro 2014

Para minimizar as afeccións sobre o tráfico rodado as obras non coincidirán simultáneamente en beirarrúas enfrontadas nin afectarán a máis de dúas mazás consecutivas  

A modificación dos lombos en Estribela afectou ao tráfico en Marín Diego Torrado

Unha vez que foi aprobada a axuda con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación provincial, a Xunta de Goberno do Concello de Marín celebrada este venres aprobou o Proxecto que contempla a execución das obras consistentes na adecuación e mantemento de viais nas rúas Concepción Arenal, Carballiño, Barriada da Cañota, Ezequiel Massoni, Recaman e República Arxentina.

Estas rúas percorren o centro urbano principalmente da vila de Marín, motivo polo cal se fai necesario dotalo dunhas melloras no pavimento e sinalización do mesmo que apoie ou substitúa o existente.

Por estes motivos e de acordo á normativa vixente, o Concello de Marín encargou un estudo técnico de reposición, conservación mantemento e melloras de viais.

As obras coordinaranse entre si, establecéndose unha orde lóxica que non obrigue á repetición de actividades e evite a destrución de unidades de obra xa executadas para efectuar instalacións que deberon ser previas.

Para minimizar as afeccións sobre o tráfico rodado as obras non coincidirán simultaneamente en beirarrúas enfrontadas nin afectarán a máis de dúas mazás consecutivas.