Marín proxecta o asfaltado do acceso ao pavillón da Raña

Marín
27 de febreiro 2016

Trátase dun asfaltado completo de todo este ámbito e da zona de aparcadoiro habilitada ao seu ao redor, ordenando ademais os espazos. O investimento previsto para esta obra ascende a 32.563 euros

Asfaltado da rúa Enrique Turrall Concello de Marín

O Concello de Marín anunciou que está a traballar nunha actuación que permitirá mellorar notablemente o acceso ao pavillón de Raña.

Trátase dun asfaltado completo de todo este ámbito e da zona de aparcadoiro habilitada ao seu ao redor, ordenando ademais os espazos.

O investimento previsto para esta obra ascende a 32.563 euros.

O goberno municipal entende que a afluencia de público e de usuarios ás instalacións deportivas, tanto en días laborables como nas fins de semana, para asistir ás competicións que se celebran, xeran neste espazo unha circulación e un tránsito importante, polo que consideran prioritaria esta actuación ante o mal estado do firme.

Ademais, o Concello está a ultimar outros proxectos para a contorna da subida a San Pedro e do campo de fútbol, zonas que requiren tamén unha actuación no firme e na ordenación dos espazos para aparcadoiro.