Marín quere que o Enterro da Sardiña sexa festa de interese turístico de Galicia

Marín
03 de febreiro 2022

O goberno municipal vaise a dirixir á Xunta de Galicia para solicitar a declaración do Enterro da Sardiña, o evento máis emblemático do seu entroido, como festa de interese turístico de Galicia. Marín iniciará estes trámites a raíz da solicitude do Ateneo Santa Cecilia

Enterro da sardiña, en Marín
Enterro da sardiña, en Marín / Diego Torrado

O goberno municipal de Marín vaise a dirixir á Xunta de Galicia para solicitar a declaración do Enterro da Sardiña, o evento máis emblemático do seu entroido, como festa de interese turístico de Galicia.

Marín iniciará estes trámites a raíz da solicitude do Ateneo Santa Cecilia, a entidade cultural que se encarga da organización desta festa.

A Lei de Turismo de Galicia é que se encarga de dar luz verde a estas declaracións, en función de, entre outros, a antigüidade, a singularidade e o arraigo que a festa ten na veciñanza do lugar, así como todas as actividades promocionais que se organizan en torno a ela.

De xeito concreto, a festa ten que ter máis de 20 anos, celebrándose periodicamente e en datas facilmente determinables.

Ademais, debe conter aspectos orixinais e de calidade que as singularicen respecto a outras similares que poidan ter lugar noutras localidades e contar cun carácter participativo da poboación local.

Para o Concello de Marín, o Enterro da Sardiña reúne toda as condición establecidas no decreto autonómico para a súa declaración como festa de interese turístico de Galicia e agarda unha resposta positiva do executivo autonómico.