A repartición dos adhesivos actualizados que deben lucir todas as mesas da hostalería marinense comeza este venres.
Estes adhesivos de cor laranxa facilitarán a inspección por parte da Policía Local para o correcto cumprimento das normas sanitarias do plan de desescalada para a hostalería.
Cada unha contará cun código QR que tras escanealo conducirá á plataforma de dinamización dixital Marín en Rede, onde cada negocio ten a súa propia ficha e pode colgar a súa carta para que sexa facilmente consultable pola clientela.
Desde o goberno local inciden na obrigatoriedade de ter as mesas separadas por un metro e medio de distancia, na necesidade de levar en todo momento a máscara e na prohibición de fumar.