Meaño presenta a súa programación para conmemorar o 8M

O Salnés
04 de marzo 2022

O Concello de Meaño ten preparados varios actos cos que conmemorará o Día Internacional da Muller. Entre eles está unha charla sobre o 'Empoderamento sexual feminino contra a violencia de xénero' ou unha 'Andaina pola igualdade'

Concello de Meaño
Concello de Meaño

O Concello de Meaño ten preparados varios actos cos que conmemorará o Día Internacional da Muller, o 8 de Marzo.

Tal e como avanzaron desde o goberno local o día 8 os nenos e nenas de sexto curso do CEIP As Covas xunto coa asesora xurídica do CIM lerán un manifesto diante da casa consistorial. Será ás 12:00 horas.

Xa o venres día 11 teñen programada unha charla sobre o 'Empoderamento sexual feminino contra a violencia de xénero', que se celebrará no Centro Social de Dena entre as 19:30 e as 21:00 horas. Para asistir deberá facer unha incripción previa a través do teléfono 622098721.

No caso do sábado, realizarán unha 'Andaina pola igualdade', que sairá ás 16:30 horas da área recreativa dos Pasales e terminará na área recreativa dos Muiños de Lores, con entrega de avituallamento.

As inscricións pódense realizar por Whatsapp no 638603837, no teléfono do propio Concello ou por email [email protected].

Estes actos rematarán o domingo 13 no Centro Social de Dena ás 17:00 horas coa obra de teatro 'Amoríos en Concali' interpretada polo grupo de teatro Susavila. O colofón ás xornadas o fará unha homenaxe ás mulleres nadas no Concello de Meaño no ano 1957  e a inauguración dunha exposición sobre a súa vida.