Medio Rural atrasa este ano a presenza de militares nos montes na campaña de prevención de incendios

Pontevedra
13 de xullo 2019

Fuentes oficiais da Consellería do Medio Rural confirmaron a  PontevedraViva que se "está tramitando" o convenio que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa asinan cada ano e "todavía" non hai fixada unha data para o inicio da operación. Non será o 15 de xullo, data habitual 

Inicio da operación Centinela Gallego da Brilat e a Armada
Inicio da operación Centinela Gallego da Brilat e a Armada / Mónica Patxot

A presenza da Brilat nos montes galegos no marco da operación de prevención de incendios forestais 'CentinelaGallego' atrasarase este ano con respecto ás data de anos anteriores

Fuentes oficiais da Consellería do Medio Rural confirmaron a PontevedraViva que se "está tramitando" o convenio que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa asinan cada ano para fixar os termos desta colaboración entre ambas as administracións que dá lugar á operación CentinelaGallego. 

Ata o momento "todavía" non hai fixada unha data para o inicio da operación, pero estas mesmas fontes si confirmaron que este ano non será o 15 de xullo, data na que se iniciou o operativo en anos anteriores

Desde Medio Rural explican que a data se está acordando aínda co Ministerio de Defensa mentres que fontes oficiais da Brilat descartaron referirse a este particular porque, segundo indicaron a PontevedraViva, é unha decisión que corresponde á Xunta de Galicia e a eles comunícaselle unha vez adoptada

Outras fontes consultadas por este xornal indicaron que este ano a previsión é que a operación non comece ata o próximo 15 de agosto, un mes máis tarde do habitual, coa intención de que se prolongue tamén ata datas máis tardías que en ano anteriores. O motivo sería que nos últimos anos os incendios en Galicia atrasáronse a setembro e outubro, de modo que, con estas novas datas, o monte estaría vixiado polos militares ata outubro. 

Este cambio de datas contrasta coas declaracións realizadas hai escasamente un mes polo xeneral xefe da o Brigada Galicia VII, Antonio Romero Losada, que durante o acto de celebración do 53 aniversario da Brilat en xuño anunciou que un centenar de efectivos da Brigada sumaríanse a esta operación para partir do 15 de xullo. 

O xeneral anunciaba aquel día que se reeditaría o convenio coa Xunta e que a na Brilat estaban encantados de estar en los montes ayudando, vigilando", na que é unha operación "muy agradecida que tanto los mandos como la tropa la valoran muchísimo". Efectivamente, reeditarase, pero non nesas datas. 

A operación 'CentinelaGalega' conta desde o ano 2007 con militares do Exército de Terra (das bases da Brilat en Asturias, Pontevedra e Valladolid) e da Armada ( do Terzo Norte de Infantería de Mariña, con sede en Ferrol). Cobren tres das catro provincias galegas baixo o mando táctico de xeneral Antonio Romero.