Medo e diversión no túnel do terror do Samaín de Moraña

Umia
23 de outubro 2022

O alcalde de Moraña, José Cela, e a concelleira Norma Caldas presentaron esta venres o cartel da festa do Samaín da vila, que se celebrará o sábado 29 de outubro.

Presentación das actividades do Samaín de Moraña
Presentación das actividades do Samaín de Moraña / Concello de Moraña

O Samaín estará pensado en Moraña para facer temblar de terror e de diversión a pequenos e maiores. O alcalde, José Cela, acompañado pola concelleira Norma Caldas, presentaron esta mañá o cartel das actividades están previstas para o 29 de outubro.

Tal e como se fixo o ano pasado, crearase un túnel do terror que estará habilitado para nenos e nenas de 8 a 12 anos entre as 18 e as 21 horas. A partir de entón, os sustos e o medo agudizarase para que poidan asistir persoas a partir dos 13 anos en diante.

Para participar, será preciso inscribirse na Biblioteca antes do día 28. Esta actividade está financiada pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2022