Melloran o asfalto da estrada de Taboadelo, en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
13 de xaneiro 2020

A actuación consistiu no fresado, asfaltado e compactado do firme naqueles tramos máis deteriorados polo paso de vehículos

O alcalde Andrés Díaz revisa o asfaltado da estrada de Taboadelo
O alcalde Andrés Díaz revisa o asfaltado da estrada de Taboadelo / Concello de Ponte Caldelas

A estrada de Taboadelo foi obxecto dunha mellora que contempla a renovación do firme nos tramos máis deteriorados. No tramo que conecta a localidade caldelana co veciño municipio de Soutomaior levouse a cabo o fresado, asfaltado e compactado das zonás máis danadas, co que que a estrada ofrece agora unha mellor imaxe e máis seguridade.

A obra desenvolveuse despois de que o Concello notificase á Deputación do deficiente estado de conservación dalgúns puntos quilométricos deste vial. A mellora do asfalto relaciónaa o alcalde co seu compromiso polo mantemento das estradas para mellorar as comunicacións e seguridade dos veciños.

Explican desde o goberno local que cada vez que detectan unha estrada en mal estado notifican á Administración competente para executar a súa reforma no menor tempo posible.