Mercedes Milá apoia a Ana e a Tamara en Pontevedra

Pontevedra
25 de xuño 2014

A xornalista visitou Pontevedra para realizar unha reportaxe para o seu programa "Diario de" en Cuatro sobre o caso das traballadoras das piscinas de Campolongo sentenciadas a tres anos de prisión. Considera que o caso de Ana e de Tamara é "una vergüenza, una pérdida de tiempo, de dinero y de respeto a la justicia por parte de un juez que ha sentenciado de forma estúpida"

Mercedes Milá coas traballadoras condenadas a 3 anos de prisión, Ana e Tamara
Mercedes Milá coas traballadoras condenadas a 3 anos de prisión, Ana e Tamara / Mónica Patxot
Mercedes Milá traslada o seu apoio a Ana e a Tamara /

Mercedes Milá pasa rodeada de cámaras e do seu equipo de gravación en dirección á alameda, tres nenos intentan achegarse a ela e unha produtora do programa impídellelo: "Estamos trabajando", dilles. E un dos menores espeta: "solo queríamos saber cuándo comienza Gran Hermano". Milá responde sen deterse: "Después del verano".

A xornalista encóntrase percorrendo Pontevedra para realizar unha reportaxe sobre Ana Outerelo e Tamara Vidal para o programa 'Diario de' de Cuatro, as dúas traballadoras das piscinas de Campolongo condenadas a tres anos de prisión por formar parte dun piquete. Mercedes, todo carácter, di sentirse emocionada pola solidariedade das amigas das dúas traballadoras que volveron concentrarse ante a Audiencia de Pontevedra e na Praza de España, onde algunhas delas tamén foron entrevistadas pola presentadora televisiva.

Milá tivo palabras de apoio, tras realizar a reportaxe, para as dúas traballadoras sinalando que o caso lle parecía unha vergoña: "Es una pérdida de tiempo, de dinero y de respeto a la justicia por parte de un juez que ha sentenciado de forma estúpida. Escuchando el testimonio de estas chicas me parece un escándalo que ocurran estas cosas y me emociona mucho que haya tanta gente apoyándolas, que se pongan sus camisetas, que paguen cinco euros a final de mes... se demuestra que la gente cuando vive una injusticia se rebela, que es lo que me pasa a mí".

Engadiu que o seu programa acode cando recibe un berro de socorro como neste caso e por iso trasladáronse para recoller a vivencia das dúas mozas: "y te encuentras esto, una chica embarazada, una tontería porque fue una tontería y un juez que yo no sé en qué estaría pensando cuando sentenció así".

"Una justicia que necesita indultos para ser justa es un poco demencial y cuando me entero del indulto del guardia civil es que me enfermo", facendo referencia ao axente da Benemérita que recibiu o indulto tras gravar unha agresión sexual cun teléfono móbil. A presentadora amosouse moi cariñosa coas dúas mozas, que a agasallaron cunha figura de Sargadelos e unhas botellas de albariño.

PETICIÿN DE INDULTO DO PARLAMENTO DE GALICIA

O Parlamento de Galicia tamén aprobou este mércores unha declaración institucional na que se solicita o indulto para as dúas profesoras de ximnasia pontevedresas. Todos os grupos con representación mostraron o seu apoio á petición que se traslada ao Consello de Ministros para que conceda "con carácter inmediato" o indulto parcial da pena de 3 anos de cárcere para evitar o seu ingreso en prisión.