Carteis con fotografías de profesoras, persoal de administración e de limpeza ademais de escolares simbolizando ser vítimas dunha agresión sexista pódense ver durante estes días nos corredores e aulas do colexio Doroteas de Pontevedra. Trátase dunha actividade coa que se tenta denunciar esta secuela social con motivo do 25-N, Día contra a violencia machista.
Os carteis decoran as instalacións do colexio durante esta semana acompañados de mensaxes reivindicativas: "No te calles", "Cantas máis?" ou "Ni una menos". A intención é chamar a atención dos alumnos ante o que se está convertendo nun dos problemas máis perentorios durante os últimos anos no Estado.
A campaña levouse a cabo por estudantes da materia de Plástica de cuarto da ESO do colexio quixeron expresar desta forma a súa repulsa aos malos tratos na contorna familiar.