Meu querido Ravachol, ata o entroido que vén!

Pontevedra
05 de marzo 2017

Pontevedreses, non esteades tristes. Ravachol xa non está entre nós, pero marchou feliz. Un ano máis, o Entroido animoulle as súas últimas horas de vida. Non volverá ata o ano que vén, pero déixanos unha petición: seguir de festa ata novo aviso. E iso comezaron facer os centos de pontevedreses que, onte á noite, asistiron ao tradicional velorio e incineración do popular loro, o personaxe por excelencia do entroido en Pontevedra

Enterro do loro Ravachol en Pontevedra Diego Torrado

Pontevedreses, non esteades tristes. Ravachol xa non está entre nós, pero marchou feliz. Un ano máis, o Entroido animoulle as súas últimas horas de vida. Non volverá ata o ano que vén, pero déixanos unha petición: seguir de festa ata novo aviso.

E iso comezaron facer os centos de pontevedreses que, onte á noite, asistiron ao tradicional velorio e incineración do popular loro, o personaxe por excelencia do entroido en Pontevedra. A pesar da choiva débil pero constante que caeu na cidade, a Boa Vila puxo o broche de ouro a oito días de festa, retranca e moita diversión.  

Atrás quedan o desfile, a Noite Pirata, o concurso de murgas ou a Mostra da Parodia. E como  non, o enterro de Ravachol, que como mandan os canons foi incinerado na praza da Ferrería.

Fíxoo acompañado dun cortexo fúnebre que, tras velalo na Praza da Verdura durante a tarde, percorreu as rúas San Román, Ferrería, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Isabel II, Real, Sarmiento e Pasantería.

Ademais do séquito, a despedida do loro contou coa participación das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña.

A festa, en moitos casos, continuou ata ben entrada da madrugada. Non era para menos. Comeza a conta atrás para o Entroido 2018. Haberá que ir pensando xa os novos disfraces.

Arquivado en