Miles de persoas participaron na Festa Corsaria de Marín

Marín
21 de agosto 2022

Marín homenaxeou ao seu corsario Juan Gago de Mendoza, tras 2 anos de restricións pola pandemia

Festa corsaria en Marín
Festa corsaria en Marín

Marín vestíuse de corsario para conmemorar os fitos históricos de Juan Gago de Mendoza na segunda parte do século XVIII ante os ingleses, con máis de 70 mesas de particulares cun total de 1.400 participantes e ao redor de 50 locais de hostalería que participarán na celebración da Festa Corsaria.

As zonas para a instalación de mesas máis demandadas foron o Parque Eguren, Lameira, Fondo do Saco, Rúa Real e Rúa do Sol.

O programa, levou paralelamente un amplo dispositivo de tráfico, que tenta evitar grandes impactos no tráfico rodado, dándolle importancia aos viandantes.

Un total de 50 expositores encheron de colorido esta nova edición onde estiveron presentes unha gran diversidade de gremios e onde a presenza de expositores locais foi importante.

Tamén houbo talleres de esgrima e tiro con arco, un desfile temático sobre a invasión inglesa e unha exhibición de aves. Ademais dun espectáculo infantil de acrobacias na Alameda e o combate tradicional, que incluíu o torneo teatral de esgrima na Praza de España.

A xornada rematou co broche final do Festival DJs on Camiño na Praza de España, con David Expósito, Hugo Leivas e Dave Silva que convertiron a Praza de España na macrodiscoteca móbil, con acróbatas de lume e aéreos.