Moda a beneficio da investigación do cancro infantil

Marín
08 de decembro 2013

Oito empresas de moda téxtil para nenos participaron nun desfile benéfico que se celebrou este sábado no Multiusos de Marín. A recadación obtida por esta iniciativa solidaria vaise doar integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para destinala á investigación do cancro infantil e posibilitar o avance científico nun campo especialmente sensible e necesitado de apoio económico

Oito empresas de moda téxtil para nenos participaron nun desfile benéfico que se celebrou este sábado no Multiusos de Marín. A recadación obtida por esta iniciativa solidaria vaise doar integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para destinala á investigación do cancro infantil e posibilitar o avance científico nun campo especialmente sensible e necesitado de apoio económico.

As firmas que exhibiron as súas creacións son as marinenses Bonequiña de papel, Noyma Infantil e Pillabáns; Casa K, de Bueu; Badumbadero e Vístelas, de Cangas e Moaña, respectivamente; Mi vestido encantado, de Boiro; e Lorena Barciela, da Coruña.

A entrada custou tres euros. Durante o desfile tamén se realizou un sorteo de artigos e produtos cedidos por diversos establecementos locais.

A organización deste desfile xurdiu polo interese de varios comerciantes e veciños por xerar actividade arredor do tecido socioeconómico marinense e contribuír á súa dinamización. Contou co respaldo do Concello de Marín e de negocios que colaboran desinteresadamente na loxística, decoración e presentación do evento.

No desfile participaron 70 nenos tendo unha grande asistencia de público.