Con motivo do Día Mundial do Cancro, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) mostra a súa preocupación pola situación de crecente vulnerabilidade dos pacientes con cancro dende o inicio da crise. Ás necesidades derivadas da propia enfermidade sumáronse aquelas relacionadas cos efectos da conxuntura económica do país.
Segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o 28% da poboación española encóntrase en risco de exclusión social e o 40,9% dos fogares españois non teñen capacidade para afrontar gastos imprevistos. A esta situación de vulnerabilidade engádese o diagnostico dun cancro polo que a AECC viu aumentada a demanda de atención social por parte de pacientes e familiares na provincia de Pontevedra nun 48% dende o inicio da crise, pasando de case 510 en 2010 a 757 en 2013.
O 34% destas demandas son de prestamos de material, cadeiras, camas articuladas, perrucas, prótese de mama, suxeitadores, bañadores ou grúas, entre outros; o 31% son de orientación sobre recursos sociais, voluntariado, e o resto repártese entre axudas económicas, inserción sociolaboral ou banco de alimentos.
Debido ao incremento do número de demandas sociais, e tendo en conta o perfil de quen as solicita, a AECC vai seguir ofrecendo programas de atención social para cubrir de xeito integral as necesidades dun colectivo de especial vulnerabilidade cuxas necesidades difiren, pola propia enfermidade, doutros colectivos necesitados.
Facendo un superficial repaso ás actividades levadas a cabo durante o 2013, a AECC incrementou a súa actuación en programas de atención á persoa enferma de cancro e a súa familia e en programas de prevención da enfermidade. Así, durante o ano pasado aumentouse un 15% os beneficiarios do programa Primeiro Impacto, deseñado para cubrir as necesidades de pacientes e familiares no primeiro momento do diagnóstico, e un 20% en demandas de atención psicolóxica, por destacar só algúns datos. No que se refire a programas de prevención en nenos e mozos, a AECC Pontevedra aumentou en case un 9% o número de beneficiarios.