Os voluntarios da Asociación contra o Cancro atenderon 7.430 casos en Pontevedra durante 2013

Pontevedra
18 de xullo 2014

O vindeiro xoves 24 de xullo celébrase a XIX edición da Cea Baile benéfica no Liceo Casino na Caiera a favor da Asociación contra o Cancro en Pontevedra para a que os establecementos comerciais xa teñen aportado máis de 600 agasallos

Cuestación da Asociación contra o Cancro para financiar a investigación
Cuestación da Asociación contra o Cancro para financiar a investigación / Mónica Patxot

O próximo xoves 24 de xullo celébrase a XIX edición da Cea Baile benéfica no Liceo Casino na Caeira a favor da Asociación contra o Cancro (AECC) en Pontevedra para a que os establecementos comerciais xa achegaron máis de 600 regalos. A cea dará comezo ás 21.00 horas e terá un custo de 30 euros.

Este é un dos actos principais desta asociación para recadar fondos e manter as distintas actividades que impulsan ao longo de todo o ano. Segundo os datos facilitados pola AECC, durante 2013, 123 persoas participaron no programa 'Primeiro Impacto' que ten como obxectivo que as persoas ás que acaban de diagnosticar a enfermidade poidan contar cun asesoramento por parte de profesionais e voluntarios.

Dende a asociación tamén se realizaron 1.236 visitas á Unidade Médica de Coidados Paliativos para atender a 114 pacientes. E ademais desenvolvéronse máis de 130 sesións para pacientes larinxectomizados dentro do programa 'Volver a falar'.

O servizo de atención psicolóxica atendeu a un total de 1.128 persoas a través de 2.079 sesións e o departamento de traballo social axudou a 908 familias.

Durante o ano 2013, o voluntariado da AECC desenvolveu as súas actividades en catro hospitais e a domicilio atendendo 7.430 demandas de pacientes e familiares.